Categoría: Outras actividades


O xoves 25 de abril, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación da edición bilingüe de "Fragor do urdido. Fragor de la urdimbre" editado por Belagua. No acto participarám os autores: Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval. Fragor do urdido é unha intervención poética sobre un tempo confinado, o da pandemia por Covid-19. Cincuenta poemas sen ningunha marca de autoría, que harmonizan nesta edición bilingüe dúas das voces mellor consideradas da poesía galega. Ao remate do acto propo [...]

O xoves 18 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia de Manuel López Foxo, autor do libro titulado "Os Vellos". Acto, sobre "AS LEMBRANZAS DOS VELLOS" no que este polígrafo, fondo coñecedor da cultura galega precisamente falará do contido deste seu libro, o que agora, trinta anos despois, reedita a asociación Terras de Ortegal. O asunto vai sobre as lembranzas de homes e mulleres, entón case centenarios e que hoxe xa non están entre nós, pero quedan recollidas as lembr [...]

O xoves 4 de abril, ás 20 horas terá lugar a presentación do último libro de Rafael López Loureiro editado por Edicións Embora, titulado: "MARTÍN SARMIENTO, O PRIMEIRO NATURALISTA". O ensaio do investigador e divulgador Rafael López Loureiro, recén editado, é unha mostra de abraio polo labor de Martín Sarmiento –un home único e irrepetible, traballador infatigable, imaxinativo, un inxenuo proxectista de utopías, un urbanita ilustrado, galeguista e naturalista– escrita con talento e sentido do hu [...]

O xoves 7 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro - CD editado por aCentral Folque: HERMINIO VILLAVERDE. A TROMPA NA FONSAGRADA. Participarán no acto, o autor Javier María López Rodríguez e os músicos Pablo Quintana e Bieito Romero. A paisaxe sonora das montañas orientais da Galiza non se pode entender sen a singular presenza da trompa ou birimbao, instrumento de grande difusión internacional, que conta con tradicionais do afastado Oriente até concertos escrit [...]

O xoves 29 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación de Así vou eu, formando parte, a antoloxía poética de Luísa Villalta que realizaron Eva Veiga e Pilar Pallarés editado por Chan Da Pólvora. Poucas figuras da literatura galega contemporánea gozan dunha admiración semellante á de Luísa Villalta, poeta de sensibilidade apaixoada que nos deixou unha traxectoria marcada pola busca da verdade. Así vou eu, formando parte non é só unha antoloxía que percorre a obra d [...]

O xoves 22 de febreiro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras un recorrido a través da música do cantautor Pepe Piña. Músico que comeza, en solitario, tocando en pubs en Santiago e Lugo e algúns concertos nas Radios locais.Polo 1980 fundador de SEMEN UP con Alberto Comesaña e varios músicos de Lugo, entre eles Tino López e Jorge del Rio publicando disco (“Lo estás haciendo muy bien”), sendo proclamados Grupo Revelación do ano. No 1988, xunto con Chiruca, Antón Campelo, Ezequiel Orol, Quique [...]

O sábado 3 de febreiro ás 12:00, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "BELLAS DAMAS SIN PIEDAD. MUJERES DEL SURREALISMO." O vórtice vital e creativo das mulleres surrealistas excede a problemática de xénero. A súa maneira de estar no mundo derroca estereotipos adquiridos e, a un tempo, custodia o sedutor orgullo da súa feminidade. Musas, si, de presenza poderosa que inspira, instigadoras do prodixio e dunha vida plena que non consente desfalecemento algún ante convencións "cast [...]

O vindeiro martes 19 de decembro a Agrupación Cultural O Facho celebrará o seu 60 aniversario (1963-2023), acto para o cal contará coa presenza de: ·         Xulio L. Valcárcel, poeta e ex-presidente d’O Facho. ·         Manuel Lourenzo, dramaturgo e fundador do Grupo de Teatro d’O Facho. ·         Miro Casabella, músico, compositor e estudoso da música [...]

Xeira da tarde do sábado 16 de decembro, de 16 a 20 horas que nos levará dende A Coruña ao Pazo de Mariñán, con visita tanto do interior como dos xardíns de tan singular enclave. Recorrido no que se analizará a historia do pazo, con orixes que se perden na fidalguia das Mariñas, trunfando no Barroco... Análise do continente e dos contidos artisticos que atesoura este conxunto, así como as particularidades do xardín, horta, bosque... as funcións, a rehabilitación e revitalización desta representa [...]

O venres 15 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga , 22 - A Coruña) o encontro literario - artístico “Café com Português”, un espazo dedicado a literatura en galego-portugués, promovendo encontros con escritoras/escritores e artistas en xeral para celebrar a coraxe e a singularidade das voces que contribúen para a grandeza da nosa lingua. Estará connosco as escritoras Iolanda Aldrei (Galiza), Célia Evaristo (Portugal), Inma Doval (Galiza), Katia Marchese (Brasil), K [...]