O mércores 4 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 – A Coruña) a presentación do libro publicado por Alvarellos “LUZ POZO GARZA 50 POEMAS DE LUZ”.
Participan no acto:
- Olivia Rodríguez González (Responsable da edición)
- Mª Pilar García Negro (Profesora honoraria da UDC)
- Enrique Alvarellos (Director de Alvarellos Editora)
- Lectura de estudantes de Literatura
Entrada libre ata completar aforamento.

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta anos -entre 1942 e 2018-, aquí están seleccionados versos de todos os seus libros, máis algúns poemas menos coñecidos. Esta antoloxía ábrese cun revelador estudo introdutorio e péchase cunha aplicacion didáctica pensada para alumnado de bacharelato. Un volume destinado, en definitiva, a todas aquelas persoas que desexen gozar do luminoso, profundo e sensual mundo poético da gran Luz Pozo Garza.