Coñecer Galicia


Coñecer Galicia

2024 AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 2024 PROGRAMA  DE ACTIVIDADES

COÑECER GALICIA


XANEIRO

* Mes de inicio do ano que sirve para reorganizar aspectos de programación.

FEBREIRO

*  11 domingo: Xeira de Aventura en relación co Entroido Tradicional.

* 25 domingo: Xeira polo Ribeiro das Mimosas. Barbantiño e Trasalba.

MARZO

* 10 domingo: Xeira con Allariz ao completo e Ambía.

* En data e tarde que se fixará, visita guiada á exposición de Antonio Palacios.

ABRIL

* 14 domingo: Xeira intensa a través do Románico das Terras do Deza.

* 28 domingo:  Xeira por Arousa, Illa, Vilaxoán, Pazo de Fefiñáns…

MAIO

* 12 domingo: Viaxe a través da Arqueoloxía das Médulas e do Bierzo.

* 26 domingo: Xeira ao Couto Mixto, entre a Limia e Tras os Montes.

* En data que se fixará, farase unha visita á Escola de Canteiros de Poio.

 XUÑO

* 9 domingo: Viaxe a Grandas de Salime (Asturias). Arqueoloxía i etnografía.

* En data e tarde que se fixará, farase unha visita completa a Oza dos Rios.

XULLO

* 14 domingo: Xeira á Ribeira Sacra do Miño, Chantada.

* 28 domingo:  Xeira a terras do Minho, Melgaço e A Peneda.

* En data e tarde que se fixará, farase unha visita aos Castelos de Narahío e Moeche.

AGOSTO

* 11 domingo: Xeira a Terras ourensáns da Veiga, O Bolo e as Hermitas.

* 25 domingo: Xeira a Celanova e Bande.

* En tarde que se fixará, farase unha visita ao entorno histórico de Compostela.

SETEMBRO

* 8 domingo: Tradicional xeira ao Courel de Novoneyra.

* En data e tarde que se fixará, farase unha visita a Pontedeume e Breamo.

OUTUBRO

* 6 domingo: Xeira polo Mar de Pontevedra, Combarro e Illa de Tambo, a Lanzada…

* 27 domingo: Xeira a Monforte e a súa Ribeira Sacra.

* En tarde que se anuncie, visita guiada da cidade vella de A Coruña.

NOVEMBRO

* 10 domingo: Xeira a Viveiro, o seu entorno e Sargadelos.

* En tarde que se anuncie, farase unha visita ao Museo do Pobo Galego. (Compostela)

 DECEMBRO

* 15 domingo: Xeira ao Ribeiro de Leiro e Pena Corneira.


RESUME DE PROGRAMAS PROPOSTOS QUE SE IRAN CONCRETANDO:

COÑECER, QUERER E DEFENDER O PATRIMONIO CULTURAL

Este é un programa inacabado. Da propia dinámica improvisaranse  e nacerán outras actividades.  As “Portas Ártabras” están abertas a recibir e informar.

COÑECER GALICIA”

Viaxar de xeito colectivo é algo máis que aprender, é convivir, compartir o que os seres humanos fixemos e desfixemos ao longo da historia: arqueoloxía, arte, etnografía, paisaxe… Deste xeito, a institución do museo proxéctase  máis alá do seu continente e das vitrinas ao  verdadeiro escenario do acontecer cotián. Roteiros estudados para cada estación do ano, onde sempre haberá algo novo por sentir.

COÑECE A TÚA CIDADE

A cidade define aos seus habitantes, verdadeiro museo de actores, onde todo comunica a quen sensiblemente se achega a preguntarlle. Son xeiras explicadas polas propias rúas da cidade, as súas institucións, monumentos e empresas.

“COÑECE OS TEUS MUSEOS”

Hai algo máis que o continente dun museo e que o mesmo contido, formado por obras de arte, por artefactos, curiosidades e explicacións. A institución do museo é un xeito científico de conservar, documentar, estudar, divulgar ou sensibilizar, algo ao que achegarse, a fin de implicarse con canto significa e dignifica a cultura.

PORTAS ABERTAS A OUTROS COLECTIVOS

O noso espazo de cultura está aberto a todos os colectivos que ansían sensibilizar sobre a inmensidade cultural, máis aínda cando coa crise se pechan e limitan espazos para o encontro. Os martes son días dedicados a estes colectivos.

“LUNS DE PROXECCIÓNS DE ARTE

Proxeccións de documentais e audiovisuais de autoría propia que introducen a diferentes aspectos da Historia, a Arte, a Etnografía….

“XOVES DE VIAXES”

Un día de cada semana pra presentación de itinerarios ou pra compartir experiencias vividas: proxeccións, fotos, intervencións…

“SEGUNDO XOVES DE MES”: SIMBOLISMO

O enxeñeiro e especialista en simboloxía medieval Xosé Luís García Dornelas, cada segundo xoves de mes, axudado de imaxes, introduce á linguaxe dos símbolos.

CICLO “COMO SE VISITA UN MUSEO

Cursiño anual dirixido especialmente a pedagogos, estudantes de turismo, animadores culturais, co ánimo de iniciar sobre as posibilidades didácticas e limitacións que ofrece a institución do museo. Experimentando xeitos de interpretar a cidade e o medio como un museo activo que tanto define aos cidadáns de onte, como aos de hoxe. Repaso do estado da cuestión dos museos galegos.

TERTULIAS, CONFERENCIAS, CURSOS

Seminarios feitos de xeito teórico-práctico coa ansia de sensibilizar encol do valor cultural das creacións e os camiños da Arte, Arqueoloxía, Historia, Etnografía…

1 DE ABRIL: “DÍA DAS ARTES DE GALICIA”

En conmemoración da mesma data do ano 1188 no que se erguen os linteis do Pórtico da Gloria, baixo a dirección do Mestre Mateo e segundo consta labrado nos mesmos. Nestes 2020 / 2021, dedicado pola Academia G. de B. Artes ao arquitecto barroco Domingo de Andrade.

18 DE ABRIL “DÍA INTERNACIONAL DOS  MONUMENTOS E DOS SITIOS ”

Celebración da xornada para coñecer o estado da cuestión sobre o patrimonio cultural como escenario da “memoria colectiva” e como recurso.

18 DE MAIO “DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Celebración dedicada a espallar a significación do museo na educación e na cultura.  Xornada na que se da a coñecer o “PREMIO PEDRA DO DESTINO” á conservación e difusión do patrimonio cultural.

16 DE NOVEMBRO: “DÍA DO PATRIMONIO MUNDIAL”

Xornada pra unha reflexión sobre o estado da cuestión e rendibilidade do patrimonio cultural máis significativo

 CONCURSO FOTOGRÁFICO “OBXECTIVO DA MEMORIA

O tema é o estado da cuestión do Patrimonio Cultural de Galicia. Bases na web.