Categoría: Conferencias


O mércores 14 de outubro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro del periodista y escritor Juan Cruz Ruíz: "INOLVIDABLES. La pasión de entrevistar" Interveñen no acto: Juan Cruz Ruíz (Autor) Nicolás Carreira (Xornalista) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista) Entrada libre ata completar aforamento. La primera vez que Juan Cruz entrevistó a alguien tenía trece años y estaba subido a una escalerita para poder alcanzar el teléfono de su casa en Tenerife. El entrevistado fu [...]

O martes 13 de outubro o xornalista e escritor Arturo Lezcano falará en Portas Ártabras sobre a diáspora galega na palestra organizada pola Agrupación Cultural O Facho, baixo o título: “A construción da Galicia transatlántica, un país invisible” Data: 13 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Arturo Lezcano, nado en Ferrol en 1976, é un xornalista e escritor galego. Foi correspondente en Latinoamérica durante doce anos. Cola [...]

Altar relicario do Mosteiro do Escorial realizado por Federico Zuccaro en 1586 O xoves 8 de outubro, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas comentará máis dun centenar de obras de arquitectura, pintura e escultura co fin de analizar a evolución no tempo dos altares e do culto que neles réndese ás reliquias.Entrada libre ata completar aforamento.

O venres 11 de setembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un interesante parladoiro co Presidente da Fundación Otero Pedrayo, o profesor Eduardo López Pereira, arredor da inmensa figura do polígrafo por excelencia, Otero Pedrayo. A continuación terá lugar a proxección do documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe", dirixido por María Xosé Bravo Bosch. Un achegamento tratado de xeito diferente á figura deste escritor, xeógrafo e intelectual galeguista, e a súa forma tan persoal de [...]

O xoves 10 de setembro, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará, apoiándose en máis dun centenar de imaxes, sobre "O TRIBUTO SACRO", é dicir, os agasallos e sacrificios cos que os seres humanos trataron de gañar o favor das divindades, desde os deuses sumerios, ata san Benitiño. Entrada libre ata completar aforamento. Figuras votivas sumerias que se conservan nos museos de Chicago, Bagh [...]

O mércores 9 de setembro ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do número 18 de NOVA ARDENTÍA, a Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial editada por Culturmar. No acto de presentación intervirán: Emilio X. Ínsua (Coordinador da revista) Manuel Lara (Consello de redacción) Xaquín Lores (Consello de redacción) Entrada libre ata completar aforamento. A revista naceu en xullo de 2004, inicialmente co nome de Ardentía, baixo a dirección de Luís Rei Nú [...]

O xoves 3 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia no que se presentará o libro do Maxistrado emérito do Tribunal Supremo, José Antonio Martín Pallín: “VISTO PARA SENTENCIA. Jueces e ideología en la Justicia española” . No acto participarán: José Antonio Martín Pallín: Autor do libro / Maxistrado emérito do Tribunal Supremo Francisco Caamaño Domínguez: Catedrático Dereito Constitucional (UDC) Pablo Arangüena: Avogado / Exdi [...]

O xoves 30 de xullo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) unha moi interesante conferencia pronunciada por Pablo Pelluz, pintor, escultor, Doutor en Belas Artes pola UCM e profesor da Universidade Adema-UIB (Mallorca), titulada "O SILENCIO ROTO DO PINTOR CORUÑÉS FRANCISCO TORRÓN". Francisco Torrón Durán (A Coruña,1934 – Madrid, 2020). Na súa maioría de idade decidiu realizar Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid (1952). Tempada qu [...]

O xoves 25 de xuño ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada polo Historiador da Cultura Galega, Felipe -Senén arredor do "A CELEBRACIÓN DO SAN XOÁN EN GALICIA: A CONVERXENCIA DOS 4 ELEMENTOS". Se trata de furar nas orixes, na orixinalidade da aura que cobre a singular festa no Vello Mundo e máis nesta súa estremeira occidental, a noite do solsticio de verán, a metade do ano, cristianizada polo San Xoán. Encontro de fondo carácter agrario, pagán, onde os Catro Elemen [...]

O martes 16 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia no que se presentará o libro de Emilio Grandío Seoane: "UN TORY EN ESPAÑA. Wing Commander James (WCJ) (1936-1941)" . No acto participarán: Emilio Grandío Seoane: Autor do libro e Catedrático Historia Contemporánea (USC) Lourenzo Fernández Prieto: Catedrático Historia Contemporánea (USC) Cándido Barral Alvarellos: Xornalista Entrada [...]