Cunca de Leiro
Petroglifos Mogor
Tesouro de Caldas de Reis
Museo do Pobo galego
Laxeiro
previous arrow
next arrow
 

Benvida


Benvida

…Coñece algo de nós

UN COLECTIVO QUE ENTRA NA HISTORIA

NOVAS CIRCUNSTANCIAS E A SABEDORIA DA CULTURA PARA DAR SOLUCIÓNS: BUSCAR AS ORIXES, A ORIXINALIDADE DE GALICIA.

Benvid@ a estes espazos de Amigos dos Museos de Galicia a fin de querer saber quen somos e o que facemos: furar por este noso mundo, enxergar que é sentir, aplicar os cinco sentidos, máis a intuición, o saber e unha cultura sempre inabarcable, a que nos permite relacionar e concluir mellor. A cultura engrandécese ou degrádase tamén, esperpentízase en feismos (aculturación). Así é que a cultura levámola posta e defínenos.

A través do que facemos queremos aplicar esas teorías, seducir e atraer a unha actividade de sensibilización e participación co universo dos museos, que é dicir coa memoria, coa Historia do ser humano e moi concretamente de Galicia, para singularizarnos, por en valor á persoa en igualdade, pasar de ser espectadores a actores e autores da mesma.

Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo que naceu no 1975, que, con constancia foi experimentando, consolidándose, creando amigos, iniciativas, e un espazo propio, as “Portas Ártabras”, no corazón da Cidade Vella da Coruña, tras a Colexiata e o camarín da mítica Virxe da Estrela. Un espazo de encontro, onde manda a palabra, a creatividade e a igualdade. Aválanos a nosa propia historia, con tantos amigos novos, a lealdadade dos vellos e a nostalxia dos que xa non nos poden acopañar, pero saben que están na lembranza, na Historia do construido.

Abrímosvos as  Portas Ártabras, como parte do cosmos da Arte, da Historia.

Viaxar con Amigos dos Museos de Galicia


Son moitos anos de experiencia acumulada a que nos permitiu tamén facer moitos amigos, sentindo paisaxes, paisanaxes, grandes e pequenos logros das civilización e da cultura. Cada viaxe é unha historia que perdura e revive na memoria dos asistentes, en comentarios sempre óptimos. Viaxes programados  cun deseño cultural, tamén con certa complicación de itinerarios e amplitude de visitas que permitan adentrarnos na cultura dos pobos. Programas que acabarán servindo de modelo pra outras iniciativas e mellorándose nese mesmo andar.

Novidades:


Descarga o programa de actividades 2024 de Amigos dos Museos de Galicia

No apartado de ACTIVIDADES atoparás a proposta para o ano 2024, realización que dependerá das circunstancias que como xa temos experimentado aínda nos sorprenden. Iso si, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible).

Máis aló dos rituais e dos convencionalismos deste tempo de postureos ou performances, quixeramos, do mellor xeito, exprear o noso agradecemento, de compartir os desexos de ben  a beleza, como decote vimos facendo no noso espazo de cultura, polos vieiros de Galicia e aínda moito máis lonxe.

As nosas Portas Ártabras, seguirán abertas, dispostas a recibir, a escoitar, a sumar iniciativas que nos distingan

Enderezo


Amigos dos Museos de Galicia ´Portas Ártabras´
Rúa Sinagoga 22 Baixo (Cidade Vella) 15001 A Coruña – Galiza – España

Información e contacto:
Teléfono: 00 34 981 21 01 01
Fax: 981 21 01 01

E-mail: correo@amigosmuseosgalicia.org
Web: www.amigosmuseosgalicia.gal

Sede social:
O noso local,´ Portas Ártabras´. está aberto en horario:
* Luns a Vernes: de 19:00 a 21:00 horas
* Sábados: de 12:00 a 14:00 horas

Galería de imaxes


Portas Ártabras Actividades Viaxes

Colaboradores e patrocinadores