Categoría: Exposicións


O xoves 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a inauguración da exposición e presentación do libro - catálogo “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” de Siro López. “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” é unha exposición didáctica, pensada para todos os públicos e coa que a Fundación Carlos Casares quere achegarnos aos distintos aspectos do humor e da retranca galega, fenómeno humano de seu e da cultura, así como, ao mesmo te [...]

LETRAS ORFAS de AFRICA COLL, creacións pictóricas en Portas Ártabras até finais de marzo de 2022.  Esta mostra realizada en colaboración coa Fundación Vicente Risco de Allariz e que ten como punto inspirador, de partida , a historia de Manuel Blanco Romasanta, "o Home Lobo": a súa contorna e as cartas que supostamente escribiu, entendidos como territorios inexplorados. Africa Coll é unha artista española establecida en Suecia.Traballa principalmente con pintura, fotografía, vídeo e instalacións. [...]

A mostra de fotografía de Yasuhiro Yotsumoto 'Camiño' estará dispoñible para visitar en Portas Ártabras do 18 de outubro ao 31 de decembro de 2021, en horario de luns a venres de 19:00 a 21.00 horas.  Yasuhiro Yotsumoto naceu en Neyagawa (Osaka, Xapón). É un dos referentes na poesia xaponesa. O seu primeiro poemario (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. En 2012 publicou en Xapón en ensaio sobre a obra do famoso poeta Shuntar? Tanikawa. Dende 1994 reside en Munich, Alemaña, pero iso [...]

“Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia recolle unha mostra sobre aspectos que caracterizaron a vida do historiador da Arte Manuel Chamoso Lamas (Moldes de Boborás 1909 – 1985 A Coruña), alumno e discípulo dos membros da agora lembrada e celebrada Xeración “Nós”, como do seu veciño Lousada Dieguez. Collage composto por documentos fotográficos da súa mesma autoría que mostran esa ansia de documentar, estudar, dar a coñecer, conservar, rehabibi [...]

APRAZAMENTO ACTIVIDADES DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA Por mor da situación creada polo COVI-19, Amigos dos Museos de Galicia lamenta tomar a determinación de aprazar tanto as xeiras previstas como as actividades en Portas Ártabras para os próximos 15 días. Aconsellando seguir a normativa oficial ante esta situación. Polo demáis e para calquera consulta seguimos estando en contacto cos asociad@s no noso correo ou tel [...]

O próximo xoves, en Portas Ártabras , o fotógrafo, poeta e mariñeiro Xosé Iglesias, expoñerá as suas fotos de pupilas abisais. Momentos e movementos oceánicos plasmados xa no papel fotográfico. Mar en estado puro, coas súas historias contadas da voz de un mariñeiro da Galiza. Presentará o acto Felipe Senén. A exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro de 2020.

BRUXA! LIBRES, REBELDES, INSUBMISAS O venres 25 de outubro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a inauguración da nova exposición de Viki Rivadulla  “Bruxa!” É un proxecto artístico sobre a violencia contra as mulleres e que reivindica a liberdade das mesmas. Fala sobre as mulleres e a represión patriarcal agachada tras a queima de bruxas (partindo das teses de Silvia Federici) e que a autora mantén que seg [...]

A creadora galega, Lola Vivero, formada en París presenta en Portas Ártabras e durante o mes de Novembro e Decembro una selección da súa última obra pictórica e fotográfica. Trátase de obra de pequeño formato realizadas en técnica mixta (acrílico e óleo). Particular interpretación de paisaxes rurais e urbanas que  asumindo a confluencia dos “ismos” do noso tempo, do impresio [...]