Política de privacidade


Política de privacidade

Este documento contén as principais condicións xerais que rexen o acceso e o uso, así como coa privacidade das usuarias e usuarios, nos sitios e servizos en liña dos Amigos dos Museos de Galicia. É de aplicación para todos os sitios e servizos dos Amigos dos Museos de Galicia na Internet en que apareza esta declaración ou que inclúen unha ligazón a ela. Sitios e servizos dos que é titular Amigos dos Museos de Galicia. O uso da web ou servizo en liña respectivo implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que a usuaria ou usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos dos sitios ou servizos web. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

Identificación e contacto do titular da web:

A través do presente Aviso Legal, informámoslle que a páxina web con URL amigosmuseosgalicia.gal é propiedade dos Amigos dos Museos de Galicia, e CIF G15110067. O domicilio social está situado en “Portas Ártabras”, rúa Sinagoga, nº 22 – baixo, 15001 A Coruña (Galicia).

Datos de contacto:

Enderezo electrónico:correo@amigosmuseosgalicia.org

Resumo da política de privacidade:

Amigos dos Museos de Galicia infórmalle que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo co disposto no Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679, e informámoslle que ten dereito de acceso ao ficheiro, rectificación, cancelación ou oposición dos seus datos, podendo exercitar tales dereitos enviando por escrito unha solicitude a:

Amigos dos Museos de Galicia –  correo@amigosmuseosgalicia.org

Amigos dos Museos de Galicia comprométese ao uso responsable e confidencial dos datos, garantindo que os datos das usuarias trataranse de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados por Amigos dos Museos de Galicia co propósito indicado de comunicación, información e administración. Os datos solicitados son os adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e finalidades. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose Amigos dos Museos de Galicia o dereito a excluír dos servizos rexistrados a toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións legais que poidan proceder. Mediante o envío dos formularios existentes nestas webs ou mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico, o remitente presta o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluídos no mesmo. En calquera caso os datos facilitados non serán obxecto de cesión a terceiros.

Aceptación por parte da usuaria ou usuario:

As webs e servizos en liña de Amigos dos Museos de Galicia proporcionan o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes á Amigos dos Museos de Galicia, aos que a usuaria ou usuario pode ter acceso. A usuaria ou usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que os Amigos dos Museos de Galicia ofrece a través da súa web e entre outros se obriga a non empregalos para:

1. Incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública;

2. Difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, homófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou calquera outra forma de discriminación non permitidas pola nosa lexislación;

3. Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos dos Amigos dos Museos de Galicia, dos seus provedores ou de terceiras persoas; introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados;

4. Tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras usuarias ou usuarios e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.

Sobre a información persoal e a privacidade:

Amigos dos Museos de Galicia está comprometido con protexer a privacidade das usuarias e usuarios das súas webs; queremos contribuír á defensa do dereito fundamental á protección de datos que é a capacidade que ten toda galega e todo galego para dispor e decidir sobre todas as informacións que se refiran ao pobo galego; para iso cumprimos escrupulosamente o Dereito Europeo, o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679 e da súa normativa de desenvolvemento, estando obrigada a protexer o tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas que son as usuarias ou usuarios das nosas webs ou que acceden aos nosos servizos en liña, especialmente en relación coa súa honra e intimidade persoal e familiar. Para iso desenvolvemos os requisitos técnicos necesarios que garantan o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso ou uso fraudulento. Amigos dos Museos de Galicia infórmache de que todos os datos persoais que nos facilites a través de formularios electrónicos, mediante correo electrónico, inscrición e/ou subscrición aos servizos do sitio web, serán tratados con estrita confidencialidade tal e como esixe o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679. Neste sentido garantimos que o tratamento destes datos efectúase baixo os niveis de seguridade establecidos na Lei e que impiden a súa manipulación ou uso e acceso non autorizados por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados. Os datos persoais, como o seu correo electrónico, nome, dirección postal onde resida, número de teléfono; información demográfica: idade, xénero, preferencias e intereses, código postal… que se pidan ás usuarias ou usuarios dos distintos sites e servizos en liña de Amigos dos Museos de Galicia terán como única finalidade prestar os servizos para os que se soliciten, e manter cos usuarios unha comunicación fluída, enviando a través de calquera medio (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, WhatsApp, etc.) a información que consideramos útil e as noticias máis importantes da nosa actividade cultural. En todo caso Amigos dos Museos de Galiciaé o único destinatario dos datos e esta información poderá ser utilizada para xestionar a administración da web ou realizar estudos estatísticos de natureza interna e de carácter estritamente confidencial. A usuaria ou usuario garante que os datos persoais que facilita son veraces e correctos, e Amigos dos Museos de Galicia resérvase o dereito a excluír dos servizos do sitio web a toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Os menores de idade deberán obter o permiso dos seus pais, titores ou representantes legais para poder acceder aos servizos prestados. Amigos dos Museos de Galicia non se responsabiliza no caso de que os datos sobre este tema sexan inexactos ou falsos. Amigos dos Museos de Galicia pode combinar a información recibida por parte da usuaria ou usuario desde diferentes sitios e servizos en liña de Amigos dos Museos de Galicia, ou recompiladas mediante outros servizos de Amigos dos Museos de Galicia; coa finalidade de ofrecer unha atención máis personalizada e un mellor servizo. Amigos dos Museos de Galicia non comparte a súa información de contacto con terceiros con fins comerciais, só baixo a súa petición e autorización poderemos enviarlles información de terceiros a través dos sitios en liña ou mediante correo electrónico, sempre enviado por nós. En ocasións, outras empresas contratadas por Amigos dos Museos de Galicia poderán proporcionar servizos determinados; as mesmas só poderán obter datos persoais de vostede estritamente para proporcionar o servizo correspondente. Amigos dos Museos de Galicia esixiralles igual cumprimento na protección de datos segundo esta Política de Privacidade. En calquera momento pode solicitar a baixa de recepción de información enviada polos nosos sistemas, así como a baixa dos nosos rexistros. Para iso atopará en todos os correos electrónicos que reciba pola nosa banda unha ligazón ou un correo electrónico que lle permitirá solicitar a baixa correspondente. Tamén será posible solicitar a baixa a través de áreas privadas de sitios web desde as que se poderán facer modificacións dos datos así como a solicitude de baixa. A baixa do servizo ou baixa dos seus datos persoais na nosa base de datos, producirase no menor tempo necesario para executar a súa solicitude. Desde Amigos dos Museos de Galicia perseguirase a veracidade dos datos, tentando a actualización dos mesmos en relación á situación da afectada. Se os datos de carácter persoal rexistrados resultasen ser inexactos, en todo ou en parte, ou incompletos, serán cancelados e substituídos de oficio polos correspondentes datos rectificados ou completados.

Modificacións:

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, Amigos dos Museos de Galicia resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos da web, de forma unilateral. Así mesmo, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outras condicións particulares.

Ligazóns:

As ligazóns contidas no sitio web www.amigosmuseosgalicia.gal poden dirixir a páxinas web de terceiros. Amigos dos Museos de Galicia non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre Amigos dos Museos de Galicia e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.

Lexislación e xurisdición aplicable:

A relación entre Amigos dos Museos de Galicia e o usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e Tribunais da Coruña.