VENRES 16 DE OUTUBRO, ACTO DE “DEFENSA DO COMÚN”: “A BATALLA POLA MAESTRANZA A EXAME”


Fai 10 anos que comezou a “batalla pola Maestranza”, a batalla polo futuro de tres parcelas que formaban parte dun terreo comunal da cidade da Coruña, chamado Campo da Estrada.
Este terreo foi ocupado polo exército da monarquía absolutista castellano-aragonesa coa finalidade de defender a costa dos ataques de inimigos.
Co paso do tempo desapareceu esta finalidade e xa no época da ditadura franquista o Ministerio de Defensa privatizou grande parte dos terreos sin que puidera haber oposición cidadán.

No ano 2016, ante o intento do Ministerio de Defensa de privatizar tres parcelas dos antigos terreos comunais , nace Defensa do Común (DdC), co obxectivo de defender a devolución destas parcelas a sua dona lexítima, a cidade da Coruña.
Unha das razóns para reclamar a súa devolución foi que nunha parcela atopábanse restos das antigas murallas defensivas da cidade.

Tras 9 anos de mobilizacións, en setembro de 2025, DdC presenta un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados da Coruña.
O recurso foi interposto contra os acordos da Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña polos que se outorgou a licencia de obras á entidade Lipromo Coruña SLU para a construción dun edificio nunha das parcelas da Maestranza.

O 16 de setembro de 2026 o Concello da Coruña decreta a paralización da obra fundamentándose principalmente en que a promotora comezou os traballos de construción do edificio sen contar coas autorizacións definitivas nin respectar as cautelas arqueolóxicas obrigatorias.

Así que se te interesa saber o estado xurídico desta “batalla pola Maestranza”, ven o venres 16 de outubro ás 20 horas a Portas Ártabras (local de Amigas e Amigos dos Museos de Galicia, rúa Sinagoga 22 – A Coruña) para informarte.