O xoves 21 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "GALICIA Y LA SEGUNDA CIRCUNNAVEGACIÓN A LA TIERRA. SIGLO XVI" do profesor e escritor Santiago Juega Puig. O 24 de xullo de 1525, partiu da Coruña a expedición de Loaísa, formada por 450 homes e 7 naves. Ía de segundo de a bordo o piloto maior Juan Sebastián Elcano. A misión era chegar ás illas Molucas para comezar o comercio das especias. As dificultades da navegación provocaron o afundimento dunha das nave [...]
O xoves 14 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada "O PINTOR GALEGO PÉREZ VILLAMIL E OUTROS NA CORTE SEVILLANA DOS DUQUES DE MOMPENSIER", pronunciada polo profesor emérito do Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Sevilla, Gerardo Pérez Calero. Repaso do coleccionismo e do mecenado no sc. XIX en Sevilla, entre o que é sobranceiro a formada polo Duque de Mompensier, quinto fillo de Luis Felipe de Francia, cuñado [...]
O xoves 7 de agosto ás 20 horas en Portas Ártabras, proxectaremos un audiovisual arredor da cultura Celta, que será introducido polo historiador da cultura galega Felipe Senén.
O xoves 31 de xullo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia da man de Heitor Picallo, na que habemos mergullar naqueles relatos da literatura merliniá que teñen como escenario Galiza e Compostela. Reproducidos en códices que se conservan en distintas institucións museográficas e arquivísticas de Europa, non queremos renunciar a tratar sobre algúns destes manuscritos, tanto os redactados en variantes oilitanas como os que se verteron ou adaptaron ao toscano e vene [...]
O xoves 24 de xullo ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto "Flujos"), titulada: "CHIMENEAS DE CORUÑA" que xirará arredor dunha das súas últimas publicacións: "Chimeneas, vida y muerte en Coruña". Desde que a humanidade controlou a maneira de facer lume sentiu a necesidade de protexelo. Parella foi a necesidade de desprenderse dos seus fumes, o que definiu a forma dos seus primeiros fogares. A s [...]
O xoves 17 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto que xirará arredor da poeta Luz Pozo Garza, titulado: "ECOS DA HERDANZA CÉLTICA GALICIA E IRLANDA: VIAXE POÉTICA NAS ARPAS DE IWERDDON DE LUZ POZO GARZA" No acto participarán: Olivia Rodríguez González, Mónica Vázquez (O'Reilly), Xoán Piñón e Fran Castro. Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacada [...]
O xoves 26 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia pronunciada por Olivia Rodríguez titulada: "O TEMA DO LOBO E OUTROS SERES EN VICENTE RISCO" Olivia Rodríguez González (Teoría da literatura e Literatura comparada. Universidade da Coruña) é especialista en Vicente Risco, sobre o que publica traballos desde 1981 como os libros Estética e teoría da cultura en Vicente Risco (2001) e a edición crítica en 2016 de O porco de pé (2016), ambos na Editorial Galaxia. O mundo anima [...]
O xoves 19 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras teremos un "Faladoiro arredor das cantareiras e a tradición oral" da man de Olga Kirk que leva máis de 30 anos dedicada ao traballo de investigación etnógrafica de campo sobre a música e o baile tradicionais, e desde aquela se dedica profesionalmente ao seu ensino, amais toca a pandeireta e outras percusións de man, tamboril e bombo, acordeón diatónico e por suposto, é cantante. Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que en 2025 se [...]
O mércores 18 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro "Escultor y proyectista José Otero Gorrita. Entre Santiago de Compostela y Viveiro" de José Luis Otero González. No acto amais o autor participarán: Francisco Javier Martínez Prieto, José Veiga Golpe e Felipe - Senén López Gómez. "Transcorridos 7 anos desde que naquel 30 de xuño do ano 2017 no que con ocasión dunha visita á localidade coruñesa de Noia e en concreto á igrexa dos Pais Franciscanos, atopeime cu [...]
O martes 17 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras, o estudio de Teatro Casahamlet representa o traballo “Neste feble tempo de frautistas”, unha obra grupal baseada en textos de diferentes autores: Fernando de Rojas, Álvaro Cunqueiro, Ángel González, Manuel Lourenzo, Fernando Castro, W. Shakespeare e B. Brech.Trátase do traballo realizado polos alumnos ao longo do curso, coa dramaturxia e dirección de Santiago Fernández. Entrada libre ata completar aforamento. O Estudio de Teatro Casahamlet foi [...]