XOVES 18 DE SETEMBRO: “EUROPA, ORIXES DUN CONCEPTO MILENARIO”


O xoves 18 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada: “EUROPA, ORIXES DUN CONCEPTO MILENARIO” pronunciada polo profesor de Historia Antiga na Universidade de Oviedo Diego Piay. Trátase de afondar nas fontes arqueolóxicas e nos textos relativos ao concepto territorial, cultural e político de Europa. Súas raiceiras míticas e culturais arrancan da antiga Grecia e o nome, como tantas cousas relativas á civilización occidental, están en Homero… Idea que logo se irá desenvolvendo con diferentes sentidos, xeográficos, culturais… para ser o imperio romano quen lle outorgue unha connotación política… Logo o acontecer histórico encargarase do demais, estando aínda por precisar os lindeiros xeográficos deste considerdo continente con varias nacións.

Europa enriba do touro. Metopa do Templo de Selinunte (Sicilia)

O pontevedrés Diego Piay Augusto, cunha ampla traxectoria en xacementos arqueolóxicos de Sicilia, Italia ou Grecia, como en Asturias ou Galicia, especialista na romanización do Noroeste peninsular e na súa impronta na cultura castrexa, así como na contovertida e influinte figura do heresiarca da Gallaecia, Prisciliano, no que radica unha forte impronta oriental, céltica, druídica, revestida de aportes romanos, así como do primeiro cristianismo. Conferenciante e autor de numerosos traballos sobre devanditas especialidades.

Entrada libre ata completar aforamento.

Actividade subvencionada por: