Categoría: Conferencias


O venres 21 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación na Coruña de "Genocídio na Terra Santa. Testemunho de mais de 40 anos de reportagens no Médio Oriente", o último libro de José Goulão, que a editora Página a Página acaba de publicar. A obra presentarase da man da Fundación Galiza Sempre . "Genocídio na Terra Santa é un relato vivido e rigoroso sobre un dos maiores crimes contra a humanidade cometidos durante os últimos 100 anos. O libro é un documentario histórico [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho e Amigos dos Museos de Galicia vos comunicamos que o vindeiro xoves, 20 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) celebraremos un acto de homenaxe a Manuel Lourenzo, dramaturgo, actor, director, tradutor e figura clave do teatro galego contemporáneo. Intervirán: - A.C. O Facho - Xulio L. Valcárcel (Poeta) - Felipe Senén (Amigos dos Museos de Galicia - Portas Ártabras) - Santiago Fernández (Casahamlet) - Miro Casabella (Músico)

O mércores 19 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar na Coruña a presentación do libro Laudatio Funebris, editado por aCentral Folque. Da morte, o pranto e o alén no Reino da Galiza, de Andrés Díaz e Eva Moreda, unha obra que afonda nas representacións culturais, musicais e literarias da morte na Galiza medieval.O acto contará coa presenza dos dous autores, Andrés Díaz e Eva Moreda, que dialogarán sobre o proceso de investigación e sobre o lugar que ocupa a memoria funeraria na [...]

Virxe embarazada cunha man no ventre O xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, expoñerá que gran parte dos motivos que aparecen nas representacións do Nadal foron obtidos de textos considerados falsos polas autoridades eclesiásticas. Entrada libre ata completar aforamento.

O mércores 5 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación del libro de Arnau Fernández Pasalodos de "HASTA SU TOTAL EXTERMINIO. La guerra antipartisana en España 1936 - 1952". Acto organizado por ARGA (Ateneo Republicano de Galicia) Participarán: Arnau Fernández Pasalodos, (autor e Doutor en Historia Contemporánea UAB), Emilio Grandío Seoane (Catedrático Historia Contemporánea USC) e Cándido Barral Alvarellos (Xornalista).

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 28 de outubro o escritor José-María Monterroso Devesa impartirá unha palestra co título: “APELIDOS GALEGO-PORTUGUESES NO MUNDO” Data: 28 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña “Já temos dito que inda morto un idioma, perduraría (tal na toponímia) n [...]

O xoves 23 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "CASTELAO ENTRE NÓS" de Paco López Barxas, un libro de luxo, editado por Teófilo edicións. No acto amais deo autor participarán Siro López e Felipe Senén. Coincidindo co 75 aniversario da morte de Castelao, e a declaración institucional de “Ano Castelao”, o escritor e xornalista ourensán Paco López-Barxas ven de publicar un libro singular e único dentro dun estoxo fermosamente editado por [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 21 de outubro a profesora e investigadora Mª Rosario Martínez Martínez impartirá unha palestra co título: “Sofía Casanova e o seu tempo” Data: 21 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Mª Rosario Martínez (Charo) é Licenciada e doutora en Filo [...]

O xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, analizará como foron representados distintos personaxes que supostamente estableceron contacto coa divindade ao longo dos séculos: profetas, adivinos, videntes, augures e pitonisas.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.Entrada libre ata completar aforo. O deus Thot e un admirador - ca. 600 [...]

O venres 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártbaras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do libro: "O QUE SE VOLVE RAÍZ / LO QUE SE VUELVE RAÍZ" de Eva Veiga. (Editorial Olifante). No acto amais da autora participarán: Xavier Seoane (poeta e escritor) e Bernardo Martínez (músico). O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (Olifante), con tradución ao español de Teresa Seara e lapela con texto de Pilar Pallarés, é un poemario que devén de escóita atenta e da perplexidade ante u [...]