MARTES 30 DE SETEMBRO, PALESTRA DE JOSÉ LUIS RABUÑAL: “50 ANOS DE EXPERIENCIAS ORNITOLÓXICAS POLA COSTA DA MORTE (O FACHO)


Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2025.

O vindeiro día 30 de setembro o naturalista e ornitólogo José Luis Rabuñal impartirá unha palestra co título: “50 anos de experiencias ornitolóxicas pola Costa da Morte”

Data: 30 de setembro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

José Luis Rabuñal Patiño é Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo. Ingresou no corpo de Avogados do Estado en 1973 con servicio activo nas avogacías de Xixón e A Coruña ata 1976 con cese por excedencia voluntaria.

Contratado por Caixa de Aforros de Galicia ata a súa xubilación en 2009. Presidente de Honra do grupo naturalista Hábitat; socio de Honra da Sociedade Galega de Ornitoloxía; membro de Comité Ibérico de Rarezas (1988-1994) e do Comité de Rarezas de SEO(Sociedade Europea de Ornitoloxía / Birdlife) 1994-2003).

Colaborador da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso; colaborador do Instituto de Estudos Bergantiñáns; colaborador da Asociación Ambiental Senda Nova de Carballo; colaboracións cos concellos de Cabana de Bergantiños, así como con colexios da Costa de Morte e A Coruña.

Coautor do libro “Territorios pajareros” (2024, Editorial Bichomalo libros). Autor de máis de 240 descricións de rarezas remitidas ao Comité Ibérico de Rarezas e ao Comité de Rarezas de SEO/Birdlife.

Encargado durante moitos anos da realización do Censo invernal de aves acuáticas e mariñas de Galicia, concretamente da zona 4 (desde Malpica de Bergantiños ata cabo Touriñán).A conferencia de José Luis Rabuñal centrarase nas súas experiencias ornitolóxicas na Costa da Morte, en concreto nos espazos naturais do esteiro do río Anllóns e a lagoa de Traba, situada no concello de Laxe, durante máis de cincuenta anos, do ano 1976 ata hoxe.