VENRES 19 DE SETEMBRO: “TEMPO DE AMORAS” DE TAREIXA ROCA


O venres 19 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de “TEMPO DE AMORAS” de Tareixa Roca, editado por Espiral Maior.

No acto, amais a autora participarán: Olivia Rodríguez González (Profesora UDC) e Miguel Anxo Fernán Vello (Director de Edicións Espiral Maior)

Tempo de Amoras son contos, ao mesmo tempo, independentes -ningún precisa chamar polos outros- e moito cohesos e non apenas porque a escritora posúa unha voz de seu. Esa unidade provén de todos eles remitiren a un período da vida das personaxes a decorrer entre a infancia e o final da xuventude, tal como esta era entendida no termo do século pasado. É, nese sentido, unha colección de relatos de formación (no sentido en que se fala de “Bildungsroman”) e van desde a primeira privación que sofre os er humano (a da chupeta) até a descuberta da ambigüidade esencial da palabra e a exploración das diversas formas de amor.