Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 21 de outubro a profesora e investigadora Mª Rosario Martínez Martínez impartirá unha palestra co título: “Sofía Casanova e o seu tempo” Data: 21 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Mª Rosario Martínez (Charo) é Licenciada e doutora en Filo [...]
O xoves 16 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección dun audiovisual arredor da figuara de Diego de Velázquez, pintor barroco español considerado un dos máximos expoñentes da pintura española e mestre da pintura universal. Nado en Sevilla o 6 de xuño de 1599 e finado en Madrid o 6 de agosto de 1660, xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e do século de Ouro español, e un dos máis grandes pinto [...]
O xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, analizará como foron representados distintos personaxes que supostamente estableceron contacto coa divindade ao longo dos séculos: profetas, adivinos, videntes, augures e pitonisas.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.Entrada libre ata completar aforo. O deus Thot e un admirador - ca. 600 [...]
Tras o rotúndo éxito da primeira viaxe programada para o 4 e 5 de outubro (completa) ao Val do Silencio, repetiremos esta viaxe a fin de semana do 1 e 2 de novembro. Unha intensa e especial xeira, centrándonos no corazón da romana Gallaecia Asturicense: O Bierzo e a Maragatería, base da primeira cristianización na península ibérica, Sc. IV, célebre pois pola humanización do territorio, arredor de eremitorios… Onde escoitaremos falar de Exeria, San Froitoso, San Valerio, San Genadio… das relación [...]
O venres 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártbaras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do libro: "O QUE SE VOLVE RAÍZ / LO QUE SE VUELVE RAÍZ" de Eva Veiga. (Editorial Olifante). No acto amais da autora participarán: Xavier Seoane (poeta e escritor) e Bernardo Martínez (músico). O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (Olifante), con tradución ao español de Teresa Seara e lapela con texto de Pilar Pallarés, é un poemario que devén de escóita atenta e da perplexidade ante u [...]
O xoves 2 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia arredor de Castelao (Rianxo 1886 - Bos Aires 1950) "ÉTICA E ESTÉTICA NA VIDA E NA OBRA DE CASTELAO" , a que será pronunciada polo reputado humorista gráfico, caricaturista, ensaista e fondo especialista na obra de Castelao, Siro López. A vida e a obra de Castelao abranguen esa confluencia de ismos e roturas co historicismo romántico, que supón o Modernismo. Filósofo, político, dibuxante, pintor que mostra unha ben af [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2025. O vindeiro día 30 de setembro o naturalista e ornitólogo José Luis Rabuñal impartirá unha palestra co título: “50 anos de experiencias ornitolóxicas pola Costa da Morte” Data: 30 de setembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña José Luis Rabuñal Patiño é Licenci [...]
O xoves 25 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto "Flujos"), titulada: "RIAZOR" que xirará arredor dunha das súas últimas publicacións ilustrada con fotografías antigas e modernas: "Riazor fue...". Tras a "divisa" Riazor ampárase un mundo rico en experiencias para os coruñeses e non coruñeses. Non en balde foi (é) un dos lugares moi frecuentados polo turismo que nos v [...]
O venres 19 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "TEMPO DE AMORAS" de Tareixa Roca, editado por Espiral Maior. No acto, amais a autora participarán: Olivia Rodríguez González (Profesora UDC) e Miguel Anxo Fernán Vello (Director de Edicións Espiral Maior) Tempo de Amoras son contos, ao mesmo tempo, independentes -ningún precisa chamar polos outros- e moito cohesos e non apenas porque a escritora posúa unha voz de seu. Esa unidade provén de todos eles remitiren [...]
O xoves 18 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada: "EUROPA, ORIXES DUN CONCEPTO MILENARIO" pronunciada polo profesor de Historia Antiga na Universidade de Oviedo Diego Piay. Trátase de afondar nas fontes arqueolóxicas e nos textos relativos ao concepto territorial, cultural e político de Europa. Súas raiceiras míticas e culturais arrancan da antiga Grecia e o nome, como tantas cousas relativas á civilización occidental, están en Homero... Idea que logo se i [...]