Desde a Agrupación Cultural O Facho e Amigos dos Museos de Galicia vos comunicamos que o vindeiro xoves, 20 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) celebraremos un acto de homenaxe a Manuel Lourenzo, dramaturgo, actor, director, tradutor e figura clave do teatro galego contemporáneo. Intervirán: - A.C. O Facho - Xulio L. Valcárcel (Poeta) - Felipe Senén (Amigos dos Museos de Galicia - Portas Ártabras) - Santiago Fernández (Casahamlet) - Miro Casabella (Músico)
O mércores 19 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar na Coruña a presentación do libro Laudatio Funebris, editado por aCentral Folque. Da morte, o pranto e o alén no Reino da Galiza, de Andrés Díaz e Eva Moreda, unha obra que afonda nas representacións culturais, musicais e literarias da morte na Galiza medieval.O acto contará coa presenza dos dous autores, Andrés Díaz e Eva Moreda, que dialogarán sobre o proceso de investigación e sobre o lugar que ocupa a memoria funeraria na [...]
Esta aberta a inscripción para participar nesta xeira que se celebrará o domingo 16 de novembro "Día Mundial do Patrimonio Cultural", e que levará aos asistentes a coñecer os inspiradores misterios de Mondoñedo e da súa bisbarra: a súa Catedral e museos, as novas iniciativas en relación co creador literario Álvaro Cunqueiro. Para seguir cara Vilanova de Lourenzá e adentrarse en historias do Conde Santo, de Pardo de Cela, do sorprendente relicario dese magnífico templo e mosteiro no que Casas Nov [...]
Virxe embarazada cunha man no ventre O xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, expoñerá que gran parte dos motivos que aparecen nas representacións do Nadal foron obtidos de textos considerados falsos polas autoridades eclesiásticas. Entrada libre ata completar aforamento.
O xoves 6 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22) a presentación na Coruña do libro de poesía de Mateo Rello, titulado: "DOS QUE SE BESABAN EN LA MUERTE" , editado por Libros de Aldarán. O acto contará coa presenza do autor e da poeta Eva Veiga.
O mércores 5 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación del libro de Arnau Fernández Pasalodos de "HASTA SU TOTAL EXTERMINIO. La guerra antipartisana en España 1936 - 1952". Acto organizado por ARGA (Ateneo Republicano de Galicia) Participarán: Arnau Fernández Pasalodos, (autor e Doutor en Historia Contemporánea UAB), Emilio Grandío Seoane (Catedrático Historia Contemporánea USC) e Cándido Barral Alvarellos (Xornalista).
O mércores 29 de outubro terá lugar o acto de entrega do Premio Pedra do Destino 2025 ao Museo do Pobo Galego. Con saída ás 16:00 do Obelisco. Actividade gratuita para os asociados. Tarde na que faremos unha visita especial a Compostela, a Santos Domingos de Bonaval, espazos que albergan o Museo do Pobo Galego, aberto ao público dende 1976. A continuación e nun breve acto faremos entrega do PREMIO PEDRA DO DESTINO 2025 co que o noso colectivo quere distinguir e agasallar a esta institución polo [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 28 de outubro o escritor José-María Monterroso Devesa impartirá unha palestra co título: “APELIDOS GALEGO-PORTUGUESES NO MUNDO” Data: 28 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña “Já temos dito que inda morto un idioma, perduraría (tal na toponímia) n [...]
O domingo 26 de outubro terá lugar esta xeira que nos levará pola peninsula da Barbanza: a gran riqueza arqueolóxica, artística de Noia e das ribeiras do Tambre, para seguir cara Porto do Son e o Castro de Baroña... Lembrando a historia de Ramón San Pedro e o itinerario da rodaxe de Mar Adentro... Ribeira, Palmeira, os miradores da Curota... a Pobra do Caramiñal...e tantas historias vencelladas á vida e á obra de Valle Inclán... Boiro e o Castro do Neixón... para rematar en Rianxo, lembrado a Pa [...]
O xoves 23 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "CASTELAO ENTRE NÓS" de Paco López Barxas, un libro de luxo, editado por Teófilo edicións. No acto amais deo autor participarán Siro López e Felipe Senén. Coincidindo co 75 aniversario da morte de Castelao, e a declaración institucional de “Ano Castelao”, o escritor e xornalista ourensán Paco López-Barxas ven de publicar un libro singular e único dentro dun estoxo fermosamente editado por [...]