Categoría: Outras actividades


O xoves 15 de outubro ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS" de Xosé María Álvarez Cáccamo, libro editado por Galaxia. Amais do autor, o acto contará coa poeta Eva Veiga. Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das “Miniaturas” contrastan cos máis extensos do apartado “Outras dimensións”. O tempo comprimido das “Miniaturas” expándese no proceso de reinterpretación de motivos mít [...]

O mércores 14 de outubro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro del periodista y escritor Juan Cruz Ruíz: "INOLVIDABLES. La pasión de entrevistar" Interveñen no acto: Juan Cruz Ruíz (Autor) Nicolás Carreira (Xornalista) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista) Entrada libre ata completar aforamento. La primera vez que Juan Cruz entrevistó a alguien tenía trece años y estaba subido a una escalerita para poder alcanzar el teléfono de su casa en Tenerife. El entrevistado fu [...]

O mércores 30 de setembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Máximo Pradera Sánchez (Madrid, 1958), renombrado escritor, periodista, guionista y musicólogo, titulado "Memorias de un nieto confuso" Participarán no acto: Máximo Pradera (Autor) Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático Historia Contemporánea - USC) Xosé Manuel Pereiro (Xornalista) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista) Nieto de uno de los fundadores de Falange e hijo de uno de sus más tenaces adversar [...]

O mércores 16 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Graciela Ortega titulado "ARROZ CON LEITE Á VERACRUZANA", editado por Medulia. Un encontro ideal para os que amamos os libros escritos co noso acento, para falar de literatura, da nosa lingua e de historias que cobran vida. Entrada libre ata completar aforamento. Resumo: “Por fin chegamos a un lugar onde alguén nos quere”. Son as palabras dunha exiliada republicana galega, internada nos campos de conc [...]

O mércores 9 de setembro ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do número 18 de NOVA ARDENTÍA, a Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial editada por Culturmar. No acto de presentación intervirán: Emilio X. Ínsua (Coordinador da revista) Manuel Lara (Consello de redacción) Xaquín Lores (Consello de redacción) Entrada libre ata completar aforamento. A revista naceu en xullo de 2004, inicialmente co nome de Ardentía, baixo a dirección de Luís Rei Nú [...]

O xoves 3 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia no que se presentará o libro do Maxistrado emérito do Tribunal Supremo, José Antonio Martín Pallín: “VISTO PARA SENTENCIA. Jueces e ideología en la Justicia española” . No acto participarán: José Antonio Martín Pallín: Autor do libro / Maxistrado emérito do Tribunal Supremo Francisco Caamaño Domínguez: Catedrático Dereito Constitucional (UDC) Pablo Arangüena: Avogado / Exdi [...]

O xoves 16 de xullo ás 20 horas, Pilar Pallarés presenta en Portas Ártabras a súa nova publicación, Unha escriba, editada por Chan da Pólvora onde reúne o conxunto da súa poesía, incluída a dispersa. O acto contará coa introdución de Miguel Mato, que se adentrará na espiral envolvente da poesía de Pallarés, unha das voces capitais da literatura galega actual. “A vida só é máis vida / se o pensamento vén e se dá en éxtase”, escribe xa ao final do libro nunha caste de principio de vida que culmina [...]

O venres 19 de xuño ás 20:00 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinangoga 22 - A Coruña) a presentación do poemario "Tríade" de Francisco Vázquez Chantada, editado por Toxosoutos. Amais do autor o acto contrará coas intervencións de: Felipe -Senén (Museólogo) Francisco Xabier Vázquez (Autor) Jesús ArtÉxtasis (Artista) Susana de Lorenzo (Soprano) Tríade é un proxecto de evolución poética, que abarca unha década de creación, a través de tres poemarios escolmados. Dende "A forza das cousas" [...]

O xoves 18 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último poemario de Francisco X. Fernández Naval, titulado: "VAL TAN DOCE E SOMBRÍO", editado por Kalandraka (Tambo). Intervirán no acto: Eva Veiga (Poeta) Luís Rei Núñez (Director da colección Tambo) Francisco X. Fernández Naval (Autor) Entrada libre ata completar aforamento. __________ Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos an [...]

O mércores 17 de xuño, ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo libro - disco LUBRE que celebra o 40 aniversario de Luar na Lubre. O acto contará coa intervención da filóloga Dolores González, o antropólogo Lois Ladra, o historiador da cultura galega Felipe -Senén amais dos membros de Luar na Lubre. Entrada libre ata completar aforamento. 30 persoeiros do mundo do eido da cultura nas súas distintas modalidades ofrécennos as súas respectivas achegas, relacionadas co 40 aniver [...]