A partires da década dos oitenta, acolléndose a argumentos históricos, potenciase a Ribeira Sacra con canto ela significa de paisaxe natural e cultural. Territorio repartido entre as provincias de Lugo e Ourense, elixindo como centro neurálxico Monforte de Lemos. No 2019 poténciase a súa candidatura á declaración de Patrimonio da Humanidade. Os argumentos para tal potenciación e denominación parten do 1124, tal como aparece no documento da fundación do Mosteiro de Montederramo: Rivoira Sacra , n [...]
O xoves 24 de novembro ás 20 horas, en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña), terá lugar a presentación de "CANCIONEIRO DE BUÑO" de Dolores Cancela Pérez. Rescátanse neste Cancioneiro de Buño 84 coplas de tradición oral, recolleitas a principios do século XX de boca dunha mociña de 17 anos, Dolores Cancela Pérez, e publicadas orixinariamente no Boletín da Academia Galega: memorias dos devanceiros, alicerce ou raiceira do que somos. Participan no acto: Xurxo Souto (Músico e escritor) / Estevo [...]
O mércores 23 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) a conferencia de Andrés García Pascual titulada "GALICIA S.XIX. OCUPACIÓN FRANCESA. LAS CARTAS, ESOS DOCUMENTOS HISTÓRICOS". García Pascual, coruñés de pro, é un recoñecido filatelista e historiador do universo postal, reunindo unha importante colección. Sobranceiro e mesmo imprescindible entre filatelistas de todo o mundo. Nesta conferencia abondará sobre os documentos, especialmente cartas, do tempo d [...]
Visita guiada por Felipe - Senén (Arqueólogo- Museólogo) pola cidade vella coruñesa. Saída ás 17:00 dende o xardín de San Carlos.
O venres 18 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a conferencia de Rafael López Loureiro (mestre da escola de Cedeira, é o principal impulsor do Samaín), titulada: "ANTÓN DE GARAY... PIRATA TEMERARIO OU VÍTIMA XUDICIAL?". Unha nova interpretación desta figura histórica á luz da lectura completa do seu proceso. Unha historia coruñesa, vasca e cedeiresa acontecida entre 1509 e 1510.
O xoves 17 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "OVIEDO, EL CRONISTA" de Manuel Romero Mengotti. "Esta es la historia de la apasionante vida de Gonzalo Fernández de Oviedo, el historiador de Indias y cronista oficial del emperador. Al servicio de los Reyes Católicos, de Carlos V y de Felipe II, recorrió toda España, Flandes, la Italia renacentista de norte a sur, y cruzó ocho veces el Atlántico para denunciar ante los reyes los abusos de algunos gobernadores d [...]
O mércores 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), terá lugar a presentación do libro de poesía de Merche Antón: "ESCONXUROS". No acto acompañarán a autora: Siro López (ilustrador) , Santiago Fernández (actor) e Xulio Valcárcel (editor). Resumo: “A reflexión amorosa atinxe, a un tempo, á memoria de vivencias e aconteceres do pasado e a denuncia dos problemas actuais: atentados ecolóxicos, desgrazas, naufraxios, guerras e inxustizas cometidas por causa do imperia [...]
Ás 19 horas na Fundación Cuña - Casasbellas (Rúa Xerardo Álvarez. Limeses, 12, PONTEVEDRA) unha representación de Amigos dos Museos de Galicia entregará ao historiador da arte e museólogo Carlos Valle, o Premio Pedra do Destino 2022, concedido pola súa traxectoria profesional ao frente do Museo de Pontevedra, institución referente pola súa actividade e compromiso coa cultura galega e con canto implica un museo na: recuperación de obra significativa, estudo, conservación, documentación, exposició [...]
O Sábado 12 de novembro terá lugar esta xeira de outono, seguindo os pasos de Laxeiro en Lalín e Pontevedra, con final na sede da Fundación do poeta Cuña Novás, entregando o Premio Pedra do Destino ao Historiador da Arte e Museólogo Carlos Valle. Anótate en Portas Ártabras ou chamando ao 981 210 101 - 630 930 298
O xoves 10 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar unha nova conferencia impartida polo enxeñeiro e especialista en arte José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre: "LAS PRÁCTICAS FUNERARIAS EN LA ANTIGÜEDAD" Actividade enmarcada dentro do ciclo Paganismo e Relixión na Arte