XOVES 22 DE DECEMBRO: HÉCTOR POSE PRESENTA “MUXOS”… E DESPEDIDA DO ANO EN PORTAS ÁRTABRAS


O xoves 22 de decembro ás 20 horas en Portas Ártabras, o escritor e profesor de Ciencias da Educción da Universidade da Coruña Héctor Pose presenta “MUXOS” (Hércules ediciones), novela que obtivo o accésit no I Premio de Novela Asubío da Fund. María José Jove.

Muxos” é unha novela curta que apela á sensibilidade cara á aquelas persoas que que son estigmatizadas por algunha razón, converténdoas en invisíbeis. Prosa exquisita nun nobelo de historias onde o mar está omnipresente no devalo dos días.

Héctor Pose (Malpica, 1964), outras publicacións:

SCD Malpica, 40 anos de fútbol (2010) / Mar de Paixón. O fútbol na Costa da Morte (2014) / Doce lúas (2015) / Donato (2016) / Mar de invernía (2016) / Arponera Café (2018) / Escribirme (2018) / Lascas (2020) / Aquela xente digna (2021)

Ao finalizar o acto haberá ,a tradicional despedida anual do ciclo.