MÉRCORES 14 DE DECEMBRO: ENCONTRO CON XURXO MARES


O mércores 14 de decembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar o encontro con Xurxo Mares, no que se presentará o seu segundo libro “Bailando el agua” (2022) é un libro autoeditado que repasa as décadas dos 70, 80, 90 e ata hoxe na Coruña, xa noutro contexto e outras peripecias propias da idade do narrador, música, publicidade, La Voz de Galicia, Antena 3 de Galicia, dobraxe, cine (cortos e largos), teatro ou televisión (series), Discos Portobello, El Linar, el Cine Goya, Casa Enrique o El Cantón Bar, van enchendo follas e capítulos dun xeito ameno.

Neste ENCONTRO, Xurxo Mares fala do libro, e tamén canta acompañado pola súa guitarra. É un formato televisivo. Dúas butacas e unha mesiña baixa diante do público, sen mesa nin parapeto ningún.

Acompañará ao autor a poeta María G. Cotelo coñecedora da obra de Xurxo Mares, que fará unha semblanza do libro e unha serie de preguntas que invitan e animan ós presentes a intervir. As cancións van amenizando as pasaxes dos libros e todo funciona dun modo axeitado e fluido.