Seguimos anotando para particpar nesta singular xeira de primavera, a fin de coñecer aspectos insólitos das Terras do Carballiño. Vila nacida da encrucillada, nas ribeiras do Arenteiro e do seu Balneario,caracterizada polas sáus feiras e festas, onde as tradicións arrieiras trunfan e onde a Condesa de Pardo Bazán, casada con Xosé Quiroga do Pazo de Banga se inspirou para novelas tan senlleiras como "El Cisne de Vilamorta" e "Los Pazos de Ulloa". Vila de prehistorias, próxima ao antolóxico Castro [...]
Os días mércores 1, xoves 2 e venres 3 de marzo, ás 20 horas no noso espazo de cultura Portas Ártabras o museólogo Felipe-Senén, e o xestor da Fundación Novoneyra Uxío Novo, conducirán o cursiño COMO SE VISITA UN MUSEO. De xeito teórico e práctico analizaranse os tipos de museos, o seu estado da cuestión en Galicia en relación con outros do Estado e do mundo, os seus condicionantes: continentes e contidos. Finalmente ofreceranse un tipo de recomendacións, tanto para a visita individual como cole [...]
Combarro, 15 de febreiro de 2023 Este mércores 15 de febreiro unha representación das asociacións Amigos dos Museos de Galicia e de A Solaina de Combarro mantiveron unha entrevista coa delegada Provincial de Economía y Hacenda, Lucía E. Rodríguez, para coñecer en que situación se atopaba o expediente da "casa barroca" de Combarro, comprada en 1973 polo Ministerio de Educación e Ciencia para Museo do Mar e, neste momento, rexistrada a favor dun particular no Catastro de Pontevedra. A comisión que [...]
Nas calendas de Abril, isto é o primeiro día deste mes do ano 1188 e abrindo a primaveras góticas galegas, entre estadas e grúas de madeira o Mestre Mateo dirixe na fachada occidental da catedral compostelá a colocación dos simbólicos linteis do Pórtico da Gloria. Portas que no Extremo Occidente abren á tumba dun Apóstolo íntimo de Cristo, onde converxen os vieiros que van configurando a Europa dos pobos. Data e feitos que Mateo constata en epígrafe baixo estas colosais e monolíticas limeiras. [...]
Estimada/o Socia/o:Pola presente informamos de que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade, queda convocada a: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIAque se desenvolverá o luns, día 27 de febreiro do ano en curso, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga - 22.A Asemblea desenvolverase segundo a seguinte Orde do día:1.- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemb [...]
O xoves 23 de febreiro ás 20 horas en Portas Ártabras, analizarase a historia e a versión do "Crime do Holandés" acontecido na parroquia de Santoalla (Petín-Ourense) no 2010, levada ao exitoso film de "As Bestas".
O xoves 16 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) terá lugar a conferencia titulada "BARRANCO DE VÍZNAR, PRELUDIO DE AUSCHWITZ", pronunciada polo Doutor en Arqueoloxía Daniel Quiroga, que nos mostrará un compendio dos traballos de arqueoloxía forense desenvoltos nun dos lugares máis emblemáticos da represión granadina.
O mércores 15 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación do último libro de Lois Diéguez "AS VOCES AMADAS" Interveñen no acto: Manuel López Foxo (crítico literario) María Barcala (actriz) Xulio Lago (director de Teatro) Felipe - Senén López (museólogo) Lois Diéguez (autor)
O xoves 9 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga. 22 - A Coruña), terá lugar unha nova conferencia do enxeñeiro e especialista en simboloxía José Luis García Dornelas, titulada "EL PODER Y EL ARTE" O poder sempre utilizou a arte como un medio de propaganda para exaltar a figura do gobernante, remarcando as grandes xestas que realizou e os castigos aos que se expoñen os desobedientes.Veremos a través dun centenar de imaxes que os deuses, os monarcas e os prelados de todos os tempos [...]
Está aberta a inscripción para a primeira xeira do ano, que será o domingo de Entroido, 19 de febreiro. Xeira da aventura na que os asistentes levarán sorpresas tras sorpresas durante toda a xornada, sin saber que lugares e entroido visitarán, que xantar enxebre tomarán, que monumentos complementarán a viaxe... Algo que si terá relación con alguna destas festas primaveráis máis representativas er impactantes de Galicia. Sabendo que estas festas de primavera significan este confín polas súas sing [...]