XA ESTÁ DISPOÑIBLE O PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2023 PARA CONSULTA E DESCARGA


Descarga o programa de actividades 2023 de Amigos dos Museos de Galicia

No apartado de ACTIVIDADES atoparás a proposta para o ano 2023, realización que dependerá das circunstancias que como xa temos experimentado aínda nos sorprenden. Iso si, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible).

Máis aló dos rituais e dos convencionalismos deste tempo de postureos ou performances, quixeramos, do mellor xeito, exprear o noso agradecemento, de compartir os desexos de ben  a beleza, como decote vimos facendo no noso espazo de cultura, polos vieiros de Galicia e aínda moito máis lonxe.

As nosas Portas Ártabras, seguirán abertas, dispostas a recibir, a escoitar, a sumar iniciativas que nos distingan