Actualidade


O domingo 31 de agosto terá lugar esta xeira, especial para os calurosos días de verán e que nos levará hacia ao interior da Provincia de Pontevedra; ás terras dos canteiros que son as do Paradanta e Terra de Montes, pasando por Mondariz, o Covelo, Carballeda, Cotobade, Augas Santas, O Pelete... A Franqueira .... Recorrido entre paisaxes de montaña, ríos, penedas, santuarios, ermidas, cimeterios que nos deixarán ver obras de arquitectura e escultura popular sorprendente, a dos arxinas, coa súa x [...]

O xoves 21 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "GALICIA Y LA SEGUNDA CIRCUNNAVEGACIÓN A LA TIERRA. SIGLO XVI" do profesor e escritor Santiago Juega Puig. O 24 de xullo de 1525, partiu da Coruña a expedición de Loaísa, formada por 450 homes e 7 naves. Ía de segundo de a bordo o piloto maior Juan Sebastián Elcano. A misión era chegar ás illas Molucas para comezar o comercio das especias. As dificultades da navegación provocaron o afundimento dunha das nave [...]

O xoves 14 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada "O PINTOR GALEGO PÉREZ VILLAMIL E OUTROS NA CORTE SEVILLANA DOS DUQUES DE MOMPENSIER", pronunciada polo profesor emérito do Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Sevilla, Gerardo Pérez Calero. Repaso do coleccionismo e do mecenado no sc. XIX en Sevilla, entre o que é sobranceiro a formada polo Duque de Mompensier, quinto fillo de Luis Felipe de Francia, cuñado [...]

O xoves 31 de xullo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia da man de Heitor Picallo, na que habemos mergullar naqueles relatos da literatura merliniá que teñen como escenario Galiza e Compostela. Reproducidos en códices que se conservan en distintas institucións museográficas e arquivísticas de Europa, non queremos renunciar a tratar sobre algúns destes manuscritos, tanto os redactados en variantes oilitanas como os que se verteron ou adaptaron ao toscano e vene [...]

Dende o xoves 24 de xullo pode visitarse unha nova exposición en Portas Ártabras, cos fondos da coleción de Amigos dos Museos de Galicia conformada por distintos artistas galegos (Isaac Díaz Pardo, Maribel Valdivieso, Virxilio, Alfonso Costa...) antigas caixas de caudais, carteis do Día das Artes Galegas ou un cartel de cego do século XVIII. A exposición pode visitarse ata o 22 de decembro. Actividade subvencionada por:

O domingo 27 de xullo realizaremos esta xeira que nos levará á cidade de Pontevedra, onde faremos unha especial visita ao seu Museo, institución, sobranceira na Galiza, con impresionantes coleccións de arqueoloxía, pintura e escultura, ademais da maior parte da obra orixinal de Castelao. Recorrido que supón un paseo pola Historia da Cultura Galega. Visita á cidade do Lérez que complementremos coa do Pazo de Lourizán, mansión de sensibilidade romántica, arquitectura de Jenaro de la Fuente Domíngu [...]

O xoves 24 de xullo ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto "Flujos"), titulada: "CHIMENEAS DE CORUÑA" que xirará arredor dunha das súas últimas publicacións: "Chimeneas, vida y muerte en Coruña". Desde que a humanidade controlou a maneira de facer lume sentiu a necesidade de protexelo. Parella foi a necesidade de desprenderse dos seus fumes, o que definiu a forma dos seus primeiros fogares. A s [...]

O xoves 17 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto que xirará arredor da poeta Luz Pozo Garza, titulado: "ECOS DA HERDANZA CÉLTICA GALICIA E IRLANDA: VIAXE POÉTICA NAS ARPAS DE IWERDDON DE LUZ POZO GARZA" No acto participarán: Olivia Rodríguez González, Mónica Vázquez (O'Reilly), Xoán Piñón e Fran Castro. Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacada [...]