O martes 13 de outubro o xornalista e escritor Arturo Lezcano falará en Portas Ártabras sobre a diáspora galega na palestra organizada pola Agrupación Cultural O Facho, baixo o título:
“A construción da Galicia transatlántica, un país invisible”
Data: 13 de outubro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

Arturo Lezcano, nado en Ferrol en 1976, é un xornalista e escritor galego. Foi correspondente en Latinoamérica durante doce anos.
Colaborou como xornalista en El País, Gatopardo, O Globo, Jot Down, Vanity Fair, Libero, La Voz de Galicia e tintalibre, a revista mensual de Infolibre, entre outros.
Autor dos podcast In situ, La Fortuna, Olafo e En el corredor de la muerte.
No eido audiovisual dirixiu A terra onde nin o demo chegou (TVG, 2010); escribiu o documental El último símbolo; foi guionista en Salvados (La Sexta); produtor de NBC telemundo e codirixe co xornalista Nacho Carretero a produtora Ailalelo.
Entre as súas publicacións salienta Cheché Martín, fútbol sobre lenzo (2005), acerca do futbolista e pintor coruñés; Madrid, 1983 (2021) e a recente O país invisible. A epopea atlántica da diáspora galega (2025), coa que acadou o Premio Ínsua dos Poetas 2026 na categoría de Galicia Exterior.
A palestra que impartirá Arturo Lezcano leva por título “A construción da Galicia transatlántica, un país invisible” , a intrahistoria alén mar dun pobo emigrante, exiliado, que espallou a semente dunha Galicia fóra das nosas fronteiras, creando identidade e innumerábeis sinerxías. As pescudas do xornalista Arturo Lezcano achégannos a unha epopea de noso.