XOVES 13 DE NOVEMBRO: “LOS APÓCRIFOS Y LA NAVIDAD”


Virxe embarazada cunha man no ventre

O xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 – A Coruña) acollerá unha nova sesión do ciclo “Paganismo e Cristianismo na arte”.

Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, expoñerá que gran parte dos motivos que aparecen nas representacións do Nadal foron obtidos de textos considerados falsos polas autoridades eclesiásticas.

Entrada libre ata completar aforamento.