Actualidade


Virxe embarazada cunha man no ventre O xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, expoñerá que gran parte dos motivos que aparecen nas representacións do Nadal foron obtidos de textos considerados falsos polas autoridades eclesiásticas. Entrada libre ata completar aforamento.

O mércores 5 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación del libro de Arnau Fernández Pasalodos de "HASTA SU TOTAL EXTERMINIO. La guerra antipartisana en España 1936 - 1952". Acto organizado por ARGA (Ateneo Republicano de Galicia) Participarán: Arnau Fernández Pasalodos, (autor e Doutor en Historia Contemporánea UAB), Emilio Grandío Seoane (Catedrático Historia Contemporánea USC) e Cándido Barral Alvarellos (Xornalista).

O mércores 29 de outubro terá lugar o acto de entrega do Premio Pedra do Destino 2025 ao Museo do Pobo Galego. Con saída ás 16:00 do Obelisco. Actividade gratuita para os asociados. Tarde na que faremos unha visita especial a Compostela, a Santos Domingos de Bonaval, espazos que albergan o Museo do Pobo Galego, aberto ao público dende 1976. A continuación e nun breve acto faremos entrega do PREMIO PEDRA DO DESTINO 2025 co que o noso colectivo quere distinguir e agasallar a esta institución polo [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 28 de outubro o escritor José-María Monterroso Devesa impartirá unha palestra co título: “APELIDOS GALEGO-PORTUGUESES NO MUNDO” Data: 28 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña “Já temos dito que inda morto un idioma, perduraría (tal na toponímia) n [...]

O domingo 26 de outubro terá lugar esta xeira que nos levará pola peninsula da Barbanza: a gran riqueza arqueolóxica, artística de Noia e das ribeiras do Tambre, para seguir cara Porto do Son e o Castro de Baroña... Lembrando a historia de Ramón San Pedro e o itinerario da rodaxe de Mar Adentro... Ribeira, Palmeira, os miradores da Curota... a Pobra do Caramiñal...e tantas historias vencelladas á vida e á obra de Valle Inclán... Boiro e o Castro do Neixón... para rematar en Rianxo, lembrado a Pa [...]

O xoves 23 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación de "CASTELAO ENTRE NÓS" de Paco López Barxas, un libro de luxo, editado por Teófilo edicións. No acto amais deo autor participarán Siro López e Felipe Senén. Coincidindo co 75 aniversario da morte de Castelao, e a declaración institucional de “Ano Castelao”, o escritor e xornalista ourensán Paco López-Barxas ven de publicar un libro singular e único dentro dun estoxo fermosamente editado por [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 21 de outubro a profesora e investigadora Mª Rosario Martínez Martínez impartirá unha palestra co título: “Sofía Casanova e o seu tempo” Data: 21 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Mª Rosario Martínez (Charo) é Licenciada e doutora en Filo [...]

O xoves 16 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección dun audiovisual arredor da figuara de Diego de Velázquez,  pintor barroco español considerado un dos máximos expoñentes da pintura española e mestre da pintura universal. Nado en Sevilla o 6 de xuño de 1599 e finado en Madrid o 6 de agosto de 1660, xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e do século de Ouro español, e un dos máis grandes pinto [...]

O xoves 9 de outubro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas, analizará como foron representados distintos personaxes que supostamente estableceron contacto coa divindade ao longo dos séculos: profetas, adivinos, videntes, augures e pitonisas.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.Entrada libre ata completar aforo. O deus Thot e un admirador - ca. 600 [...]