XOVES 3 DE DECEMBRO, CONFERENCIA DE FRANCISCO A. VIDAL: “UNHA APROXIMACIÓN Ó SANTORAL GALEGO”


O xoves 3 de decembro ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia do etnógrafo e escritor Francisco A. Vidal titulada: “UNHA APROXIMACIÓN Ó SANTORAL GALEGO”

Ser santo é un título que se outorga postumamente segundo o aprecio que, primeiro lle dan os devotos e logo refrenda a santa Se.

A importancia do santoral vai dende escoller o nome dos meses polo santo máis significativo do mesmo a nomear os labores agrícolas e mariñeiros pola súa onomástica, co que o santoral vén a darnos unha serie de claves sobre a historia ou a economía de cada lugar en función de a quen se venera.

Os santos veñen sendo os substitutos dos deuses precristiáns, pero a diferencia daqueles estes son humanos, aínda que moitas veces as haxiografías nos presentan a seres realmente sorprendentes e fantásticos.

En Galiza temos santos dende os primeiros tempos do cristianismo, se ben é certo que moitos deles sono por aclamación popular, operando verdadeiros milagres entre os devotos, sen que a Santa Se os recoñecese, ou tardase en recoñecelos. Pero aínda así, a devoción popular imponse ós criterios oficiais. Tanto que incluso algúns santos que non naceron na terra téñense por naturais nunha especie de competición por atraer seareiros ós seus santuarios.

Entrada libre ata compñetar aforamento.