Por mor das eleccións e dos distintos mitins políticos que hai programados para estes días na Coruña adiamos este acto, inicialmente programado para o xoves 26 de novembro, finalmente terá lugar o xoves 21 de xaneiro de 2027 ás 20:00 en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia impartida pola historiadora da arte e comisaria de exposicións Rosario Sarmiento Escalona titulada: "EUGENIO FERNÁNDEZ GRANELL, MARUJA MALLO URBANO LUGRÍS . Tres referencias para un relato do surrealismo en Galicia [...]
O martes 24 de novembro ás 19:00 terá lugar en Portas Ártabras o acto "Poesía en paralelo", onde se fará lectura e presentación do libro "La comarca de senos caídos" do poeta chileno Victor Hugo Díaz. Amais do autor participarán no acto: Alejandra Bellón Tenreiro Luís Pérez Rodríguez Xulio López Valcarcel "La comarca de senos caídos"El otro polo es la ciudad, las calles, muros, vitrinas, baños públicos, salas de espera, agujeros de cerraduras, patios, pisaderas y el paradero de micros. Este últi [...]
O xoves 19 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia e presentación do libro "A MÚSICA DOS DESPRAZADOS. TEATRO LÍRICO E GALEGUIDADE DURANTE O LONGO SÉCULO XVIII" de Javier Gándara Feijóo. Amais do autor participará no acto o editor do libro Ramón Pinheiro Almuinha (aCentral Folque). Entrada libre ata completar aforamento. "A música dos desprazados. Teatro lírico e galeguidade durante o longo século XVIII" é un ensaio ensimesmado na investigación musicolóxica escrito pol [...]
O vindeiro martes 17 de novembro dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2026, organizadas pola Agrupación Cultural O Facho, o investigador e historiador José Enrique Benlloch del Río impartirá en Portas Ártabras unha palestra co título: RELATOS HISTÓRICOS DE MUXÍA E MORAIME Data: 17 de novembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña José Enrique Benlloch (Muxía, 1949) desenvolveu a sua vida profesional ligada á empresa, á [...]
Defensa do Común, trala leitura detallada da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), optou pola vía da presentación dun recurso de casación ante o Tribunal Supremo (TS), aínda sendo conscente das enormes dificultades que ese pleito conleva tanto desde a perspectiva social como da económica. Defensa do Común apoia esa postura ao estimar que o fallo do TSXG contradí e viola dotrina do propio TS refletida en sentencias na que concurren os mesmos preceptos que no asunto da Maestr [...]
Mártir da Lexión Tebana que se expón no Museo de Belas Artes de Vitoria. Foto: José Luis García Dornelas. O xoves 12 de novembro, ás 20:00 , Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas apoiará a súa análise en máis de cen imaxes para desentrañar un fenómeno cultural fascinante: aquel onde a devoción, a superstición, o poder político e o lucro económico entrelazáronse de xeito extremo. Entrada libre ata completar [...]
O vindeiro dia 10 de novembro dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2026, organizadas pola Agrupación Cultural O Facho, o historiador e xornalista David Fontán Bestilleiro impartirá en Portas Ártabras unha palestra co título: “Reconstruíndo territorios sustentables. O papel da historia agraria en tempos de crise socioecolóxica” Data: 10 de novembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña David Fontán (A Coruña, 1992), ade [...]
O xoves 5 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinangoga, 22 - A Coruña) unha moi interesante conferencia de Rafael López Loureiro, revitalizador de caveiras no tallado nas cortizas das cabazas, titulada "DE SAMAÍN A HALLOMAÍN, BIOGRAFÍA DUNHA PERVERSIÓN". Rafael fará un percorrido polos últimos 36 anos da historia reciente, dende as orixes da Festa de Samaín no ano 1990, até a actualidade. Entrada libre ata completar aforamento. Actividade subvencionada por:
O mércores 4 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do libro publicado por Alvarellos "LUZ POZO GARZA 50 POEMAS DE LUZ". Participan no acto: Olivia Rodríguez González (Responsable da edición) Mª Pilar García Negro (Profesora honoraria da UDC) Enrique Alvarellos (Director de Alvarellos Editora) Lectura de estudantes de Literatura Entrada libre ata completar aforamento. Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar [...]
O xoves 29 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de dous libros: "RAMÓN OTERO PEDRAYO, ARREDOR DE SI, 50 ANOS DESPOIS" E "RAMÓN E O PINSAPO MÁXICO" de Paco López-Barxas, con ilustracións de Siro e Xosé Cid, ámbolos editados por Teófilo. Acompañarán ao autor Olivia Rodríguez, Siro e Felipe - Senén No marco do Ano Oteriano e do 50.º aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo (1976–2026), o escritor e xornalista Paco López-Barxas presenta en Portas Ártabras dúas o [...]