Categoría: Sin categoría


O xoves 4 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia de Francisco A. Vidal titulada: "DOS FASTOS ÁS FESTAS" O santoral danos moitas claves sobre a sociedade, cada parroquia ten polo menos un santo baixo cuxo amparo agardaba unha vida mellor, pero o santoral tamén sirve para entender a historia e economía dun lugar, o que en principio poden parecer simples lendas ou supersticións. Tratarase de aproximar os fastos e as festas, como herdeiras dos mitos, dos símbolos e atrib [...]

Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo de memoria, e a memoria nutre a Historia, agradecendo e aprendendo de xente, feitos e cousas boas. Así é que o 18 de decembro, día da Esperanza deste ano - tan coutado por inesperadas circunstancias -  deixou ente noso mundo o doutor Xosé Luís García Suárez, benquerido do noso colectivo: participativo en moitas xeiras polo mundo, por Galicia, e que mentres poido animou o noso espazo de cultura “Portas Ártabras”  cada luns, cont [...]

O xoves 22 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Iria - Friné Rivera Vázquez: A ORIXINALIDADE RADICA NA ORIXE; O CONCEPTO DA IMAXE GALEGA NA ESTÉTICA DE VICENTE RISCO. Como teórico da Arte, Vicente Risco recolleu as maiores influencias artísticas da nacente modernidade. A súa figura funcionou como un catalizador dentro da cultura galega, impulsando diferentes ámbitos –dende a Arte até a Literatura– na cal se forxou un imaxinario atemporal galego entre e [...]

Ás 20 horas terá lugar en "Portas Ártabras" unha conferencia do arqueólogo Felipe-Senén, fundador e presidente de Amigos dos Museos nde Galicia, no que explicará as singularidades do edntroido galego, "ORIXES E ORIXINALIDADE DO ENTROIDO EN  GALIZA", recorrido polo almanaque festivo e as variedades e competencia de máscaras e folións. Algo que a pesares da uniformidade global, recupera o [...]

Esta Xeira polo Salnés, para coñecer os seus pazos, arqueoloxías e historias estaba programada para o  domingo 10 de Novembro, pero tívose que cambiar por mor das eleccións para o seguite domingo, 17 de novembro.  O Salnés, terra cargada de historia, de pazos e de viño, de poetas e escultores... Intensa visita a canto significa Cambados, así como Vilagarcia co pazo de Rubiás, o de Vista Alegre ...para seguir por Arousa e Ca [...]

Varios asociad@s estannos facendo chegar ideas sobre futuros viaxes, os que incluir no programa anual 2020. Algo que extendemos a aquelas persoas, asociadas ou non que desexen acompañarnos nunha desas expedicións que propoñen. Como saben tratamos de facer algo diferente a outros programas de ofertas, onde primen os aspectos da cultura e unha visión integral, que entre polos sentidos: Historia, Arte, Etnografía, lugares  con encanto e mesmo a cont [...]

O venres 20 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a inauguración da escultura realizada por Pepe Galán para o espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia,, Portas Ártabras  titulada "ENCAIXA VOANDEIRA M1", Esta inauguración complementarase con unha exposición dos bocetos de Pepe Galán para a realización desta escultura, así como coa proxección da curtametraxe "O Combate [...]

MÚNIC A CAPITAL DE BAVIERA AO COMPLETO Do 30 de novembro ao 05 de decembro A CAPITAL DE BAVIERA AO COMPLETO Do 30 de novembro ao 05 de decembro    Dia 30 de novembro: Santiago – Madrid –Múnic   Recollida no punto de encontro indicado e saída en dirección a Santiago, tramites de facturación e embarque en voo de Iberia con destino Múnic, vía Madrid. Chegada 11,35 horas. Traslado ao hotel, distribución [...]

Esta aberta a inscripción para participar nunha visita especial ao Parlamento de Galicia na rúa do Hórreo en Compostela. Será na tarde do venres 26: o grupo previamente inscrito sairá da Coruña en tren e retornará sobre as 21 horas. Actividade na ques e coñecerán no so aspectos da vida parlamentaria,  se non tamén as  dependencias: bibloteca, hemiciclo, salas de reunión , así como a valiosa colecci [...]