XOVES 6 DE FEBREIRO: “ORIXES E ORIXINALIDADE DO ENTROIDO GALEGO”


Ás 20 horas terá lugar en "Portas Ártabras" unha conferencia do arqueólogo Felipe-Senén, fundador e presidente de Amigos dos Museos nde Galicia, no que explicará as singularidades do edntroido galego, "ORIXES E ORIXINALIDADE DO ENTROIDO EN  GALIZA"recorrido polo almanaque festivo e as variedades e competencia de máscaras e folións. Algo que a pesares da uniformidade global, recupera os diferentes aportes históricos que fan de Galiza un verdadeiro paraiso, non só etnoarqueolóxico, de cultura material e inmaterial, senón unha rica fonte de inspiracións da que non somentes beberon os creadores de formas autóctonos, senón deseñadores da moda internacional.

Explicacións que serán guiadas de imaxes, adentrándose nas diferentes influencias, que poñen a proba a Galiza como un país de confluencias, de xente viaxeira, que leva e que trae pra incorporar a súa cultura. Festa tamén ameazada por esa mesma desnortada e aculturada por petardadas, botellón, e a copia do catálogo. Parladoiro que terá a súa parte práctica visitando "in situ" e en directo o Entroido máis significativo da provincia de Ourense e norte de Portugal, poñendo en marcha todos os sentidos, a gastronomía tamén, música, colorido…máis o aporte cultural aquí anunciado.