Esta aberta a incripción para participar nesta xeira que levará aos asistentes a coñecer os inspiradores misterios de Mondoñedo e da súa bisbarra: a súa Catedral e museos, as novas iniciativas en relación co creador literario Álvaro Cunqueiro. Para seguir cara Vilanova de Lourenzá e adentrarse en historias do Conde Santo, de Pardo de Cela, do sorprendente relicario dese magnífico templo e mosteiro no que Casas Nova ensaia a fachada do Obradoiro Compostelán....E nas horas da tardiña seguir os ant [...]
A continuación presentamos o programa da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia realizará entre o 18 e o 24 de abril de 2022 ao REINO DE ARAGÓN; DÍA 18/ABRIL: A CORUÑA – JACA Presentación no Obelisco para saír en dirección a Jaca, xantar en restaurante en roteiro. Durante o itinerario coñeceremos algún punto de interese na “Ruta do Cid”, como San Pedro de Cardeña. Chegada ao hotel de Jaca e distribución de habitacións. Cea e aloxamento. DÍA 19/ABRIL: JACA – SAN JUAN DE LA PEÑA – SANTA CRUZ DE LA [...]
Xa está dispoñible para a súa descarga o novo programa de actividades de Amigos dos Museos de Galicia 2022. Para descargalo, pulse AQUÍ ou sobre a fotografía da portada.
Volvemos as xeiras de "Coñecer Galiza". Todos os domingos de fin de mes unha prosta de viaxe; A primeira o domingo 27 de febreiro: a sorpresiva "Xeira da Aventura". Anótate en Portas Ártabras ou ben chamando ao 981210101 de luns a venres de 19 a 21 horas e os sábados de 12 a 14 horas.
Neste luminoso e esperanzado mes de febreiro volvemos non so á intensidade de actividades no noso espazo de cultura "Portas Ártabras" - o que sempre estivo aberto á información- senon que retomamos as xeiras da serie "Coñecer Galicia" Luns: Video-proxeccións sobre arte.Martes: Conferencias sobre temas socioculturais da nosa colaboradora a Asociación Cultural "O Facho"Xoves: Conferencias, as primeiras de introducción á Historia da Cultura Galega, impartidas por Felipe-Senén, preparatorias doutras [...]
O domingo 28 de novembro terá lugar unha nova xeira pola Ribeira Sacra do Miño a Allariz : Rocas, *Os Milagros do Medo, Molgas, Allariz... Entrega do Premio Pedra do Destino a Elixio Rivas. Anótate no 981 210101, ¡esperámoste!
06 – 11 DECEMBRO 2021 CON AMIGOS MUSEOS GALICIA BÉLXICA ONDE SE ATOPA EUROPA Bélxica e concretamente a capital Bruxelas queren reunir as esencias históricas e culturais da Europa de nosos días. Nada mellor que elixir un tempo de esplendor, de luces e cor, como é o Nadal, escaparate de Paz, cando tamén se anovan os ánimos despois da pandemia pra furar na Historia, na Arte, na Cultura, nas vellas e novas tradicións de Europa. E facémolo programando unha viaxe a través dun país e dunha capital que [...]
Retomamos as xeiras de "Coñecer Galicia", nesta ocasión as bocarribeiras de Amoeiro, coñecendo as inspiradoras paisaxes de Otero Pedrayo, Trasalba. Anótate chamando ao 630 930298 ou ben ao 981210101
COÍMBRA: ARQUEOLOXÍA, HISTORIA, ARTE, LITERATURA, ETNOGRAFÍA…. Características para unha viaxe que nos adentra na cultura galaico-portuguesa Esta xeira está pensada para os primeiros dias de outono, e nada mellor que Portugal e unha cidade próxima a Galicia na sua historia e na cultura, Coímbra. Nostalxia, fado, poema, conto… trátase de coñecer en fondura a cidade: a arqueloxía da “Aeminium” romana, coma unha homenaxe a procedencia de Caio Sevio Lupo, o arquitecto da Torre de Hércules. Labirinto [...]
Volvemos... Retoma os camiños e a ilusión, esperámoste Sempre tivemos as Portas Ártabras abertas, esperándote. E agora, en Setembro e na medida que se normaliza a cuestión volvemos á actividade colectiva e continúa. Xa en programa están prefixadas as seguintes actividades. Inscríbete. Outras iranse incorporando na medida das circunstancias · Todos os XOVES: Leccións sobre a Cultura Galega: -2 Setembro: “Compostela e os seus Camiños” (Felipe –Senén) -9 Setembro: ”As mulleres na guerra” [...]