SEGUIMOS…VOLVEMOS AO CAMIÑO


Neste luminoso e esperanzado mes de febreiro volvemos non so á intensidade de actividades no noso espazo de cultura “Portas Ártabras” – o que sempre estivo aberto á información- senon que retomamos as xeiras da serie “Coñecer Galicia”

  • Luns: Video-proxeccións sobre arte.
  • Martes: Conferencias sobre temas socioculturais da nosa colaboradora a Asociación Cultural “O Facho”
  • Xoves: Conferencias, as primeiras de introducción á Historia da Cultura Galega, impartidas por Felipe-Senén, preparatorias doutras actividades.
  • Último domingo de Febreiro: Retomamos a “Xeira da Aventura“, nesta ocasión coincidindo co tradicional tempo de Entroido. Iráse a un lugar sorpresa pros asistentes en relación cos contidos antropolóxicos do tempo. Apúntate xa (Tfn.- 630930298)