O domingo 25 de setembro este colectivo de Amigos dos Museos de Galicia viaxará ata as ribeiras galaico-asturianas do río Eo: Ribadeo, Castropol... e praia das Catedrais... Información e reservas en Portas Ártabras ou a través dos teléfonos: 981210101 ou 630930298.
A viaxe de Lisboa, inclúe canto significa esta cidade tan literaria, artística e musical. Sendo un adentrarse integral no seu mesmo espírito, tanto de conquistas como de fados. Tamén mellorando experiencias repetidas polo noso colectivo cunha cidade coa que mantén unha querenza e ligazón especial. As devanditas novas circunstancias - a fin de realizar unha viaxe diferente e co ánimo de perfección que nos caracteriza - recomendan anotarse previamente e con antelación suficiente, a fin [...]
Sábado 13 de Agosto: intensa xeira de tarde, con saída às 16 horas do Obelisco pra coñecer as Mariñas dos Frades: de Betanzos a Aranga por Mántaras, Churiu, a Espenuca...e ademais Oza,Cuiña...Adentrándose nas máis sorprendente Arqueolóxía, Historia e Etnografía das ribeiras do Mandeo e do Mendo.Podes anotarte en "Portas Ártabras" ou chamando ao 630930298 .
Xeira a través da Arqueoloxía, a Etnografía e a Cultura dos Ancares.Está aberta ao incripcion para participar nesta singular viaxe para o tempo do veràn, na que guiados por Felipe Senén, o día de Xullo conducirá aos asistentes a coñecer os aspectos máis sobranceiros dos montes dos Ancares lucenses.Para maior información no noso espazo de Cultura, " Portas Ártabras" ou chamando ao TFN. 630930298.
Sorprendentes paisaxes graníticas, área de gran riqueza arqueolóxica i etnográfica, a máis das solemnes mansións de emigrantes a Centroamérica. Podés anotarte chamando ao tfn. 630930298 ou no mesmo espazo de Portas Àrtabras ( no horario diario de 19:00 a 21:00)
Nesta semana Amigos dos Museos de Galicia, desenvolve unhas xornadas sobre TRADICIÓNS ROMANAS EN GALICIA, centradas cunha conferencia en Portas Artabras, Sinagoga, 22, (xoves 23 de xuño, ás 20 horas) e o domingo 26 de xuño, cunha xeira a fin de coñecer aspectos da area arqueolóxica romana das Médulas e do Sil, así do seu patrimonio inmaterial, como son os ritos, do solsticio, os do San Xoán . Información Amigos Museos G. 630930298
O sábado 2 de xullo con saída ás 16:00 horas terá lugar a visita ao Pazo do Faramello, organizada por Amigos dos Museos de Galicia. As persoas interesadas en participar na xeira que se dedicará a visitar o Pazo do Faramello (Rois) e as inspiradoras "Orillas do Sar" (Padrón/ Brión), entre outros puntos vencellados á vida da familia Murguía Castro, poden preinscribirse dando nome e tel´éfono no noso espazo de cultura, Portas Ártabras (Sinagoga 22) ( ou aos tfns.- 630930298/ 981210101. Visita, que [...]
O domingo 26 de xuño realizaremos a tradicional xeira ao emporio mineiro e arqueolóxico de AS MÉDULAS. Actividade que realizaremos coñecendo singularidades das terras de Valdeorras, seguindo o Sil, así como desta parte do Bierzo, adentrándose no pasado romano, na Historia, nas lendas, coñecendo novos aportes arqueolóxicos e achados sobre as máis grandiosas minas auríferas da antigüidade. E como sempre non faltará o xantar enxebre berciano. Os que veñan por primeira vez non esquecer´án este día e [...]
Podes inscribirte a esta experiencia que levará aos asistentes a coñecer os espacios e a obra do pintor Laxeiro en Vigo. Iniciativa da Academia de Belas Artes guiada por Felipe-Senén: os cafés, as tabernas, os talleres, as anécdotas e a obra na Fundación Laxeiro.... Itinerario con aspectos sorpresa pola tarde e realizada dentro do espíritu lúdico e retranqueiro que caracterizou ao pintor de Lalín. Máis información en TFN 630930298, ou en Portas Ártabras.
ESCOCIA CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA DO 13 AO 24 DE XUÑO (POSIBLEMENTE) Anotación previa: Estamos á espera de concretar precios e mesmo datas para este singular viaxe. Itinerario que se sale dos estereotipos turísticos, así que concretar fáise difícil tamén debido á fluctuación dos mesmos. Desexamos pois que a determinación final se axuste ás posibilidades dos que queremos coñecer un país celta, en relación con Galicia. Iremos informando ao respecto. De momento velaquí, abaixo, o bosquexo pr [...]