06 – 11 DECEMBRO 2021
CON AMIGOS MUSEOS GALICIA
BÉLXICA ONDE SE ATOPA EUROPA
Bélxica e concretamente a capital Bruxelas queren reunir as esencias históricas e culturais da Europa de nosos días. Nada mellor que elixir un tempo de esplendor, de luces e cor, como é o Nadal, escaparate de Paz, cando tamén se anovan os ánimos despois da pandemia pra furar na Historia, na Arte, na Cultura, nas vellas e novas tradicións de Europa. E facémolo programando unha viaxe a través dun país e dunha capital que quere ser escaparate e modelo pra Europa de hoxe: Estado mutilinguístico, multicultural que, dende unha orixe celta, gala, cun longo proceso como “campo de batalla de Europa” busca e atopa espazos de convivencia a través da tolerancia, da liberdade, das artes… Todo o que se expresa nos seus museos, palacios, arquitectura…na cultura que define á xente e aos pobos. Iso mesmo trataremos de buscar e atopar na síntese deste programa que presentamos aquí. Farémolo guiados por especialistas para que sexa ilusionante viaxe de Amigos dos Museos de Galicia, tamén coa ansía de seguir mantendo as nosas tradicións de experiencias ben feitas que crean amigos, perviven na memoria e levan a outras viaxes.
Felipe-Senén
Para máis información en
- CiberViaxes: C/. Federico Tapia 41 teléfono 981 216600
- Amigos dos Museos de Galicia, (Portas Ártabras) tras a Colexiata de Santa María, Sinagoga 22, Cidade Vella da Coruña, tfn.- 981 210101
PROGRAMA VIAXE A BÉLXICA CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA
DIA 6/DECEMBRO: CORUÑA-MADRID-BRUXELAS
Saída do lugar acordado en dirección ao aeroporto, tramites de facturación e embarque en voo de Iberia con destino Bruxelas e escala en Madrid. Chegada e traslado ao noso hotel na capital belga. Cea e aloxamento.
Voos previstos
CORUÑA-MADRID 09.20-10.40
MADRID-BRUXELAS 16.30-19.00
DIA 7/DECEMBRO: BRUXELAS
Almorzo. Visita panorámica da cidade durante a cal nos achegaremos ao Xardín Botánico Meise ( a 3 km do Atomium). Incluímos as Galerías Reais St. Hubert. Intensa visita panorámica á cidade. Visita ao Museo Real de Belas Artes de Bélxica (centro de Bruxelas) . Paseo polos mercados de Nadal. Aloxamento.
DIA 8/DECEMBRO: EXCURSIÓN A GANTE E BRUXAS
Almorzo. Panorámica de Gante incluíndo visita á Catedral de San Bavón para admirar e coñecer a historia do famoso políptico da Adoración do Cordeiro Místico. Xantar. Panorámica de Bruxas con visita á Igrexa da nosa Señora, para ver a escultura da Madona e o Neno de Miguel Anxo. Visita ao Museo Groeninge de pintura Flamenca. Aloxamento.
DIA 09/DECEMBRO: EXCURSIÓN A AMBERES
Almorzo. Panorámica á cidade de Amberes, incluíndo a visita á Catedral para admirar entre outras obras o Descendemento da Cruz de Rubens. Xantar. Visita a Casa-Museo de Rubéns e se dá tempo ao Museo Imprenta Lapin Moretus. Paseo. Aloxamento.
DIA 10/DECEMBRO: EXCURSIÓN A MALINAS E LOVAINA
Almorzo. Visita panorámica de Malinas con interior da Catedral de San Rumoldo. Visita panorámica de Lovaina. Xantar. Visita ao Museo M- Leuven. Paseo polos Mercados de Nadal. Cea de despedida en Bruxelas. Paseo. Aloxamento.
DIA 11/DECEMBRO: BRUXELAS-MADRID-CORUÑA
Almorzo e traslado ao aeroporto para voar con Iberia ata Coruña, con escala en Madrid. Chegada e traslado en bus ao centro da Coruña . FIN DA VIAXE
NOTA: Quizais haxa que facer algún axuste na orde do programa, en función da dispoñibilidade os lugares para visitar, incorporando melloras en todo caso.
Para máis información en
- CiberViaxes: C/. Federico Tapia 41 teléfono 981 216600
- Amigos dos Museos de Galicia, (Portas Ártabras) tras a Colexiata de Santa María, Sinagoga 22, Cidade Vella da Coruña, tfn.- 981210101
_____________________________________________________________________________
_____________________________________________________________________________