O domingo 25 de outubro realizaremos unha xeira especial pola Ribeira Sacra ourensán, seguindo o curso do río Miño: Luintra terra dos afiadores, o grandioso mosteiro de Santo Estebo de Ribas de Sil, o eremitorio de San Pedro de Rocas, núcleo da primeira cristianización ... Casdemiro, Patria do Padre Feixoo e os Peares, punto de confluencia e unión entre os ríos Miño e Sil... e moito máis do que o outonal tempo climatolóxico e cronolóxico nós permita. Días da castañeira que abren aos Magostos e a [...]
O domingo 11 de outubro realizaremos unha singular xeira de Norte a Sur de Galicia, visitando terras da Limia coa súa contorna da lagoa de Antela e Vilar de Santos, a fin de coñecer A sús experiencias etnográficas expostas en museo... e sobre Verín, Monterrei, castro e poderoso castelo, de onde sairon virreis, misoneiros, santos.... con canto significa na historia, na arqueoloxia ou na etnografía. Será iste un día intenso, axeitado para cando se abre ao outono, cando estas terras ourensáns ofrec [...]
ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE PARA FORMAR GRUPO Arte, historia e tradición: Unha viaxe polos sentidos no Norte Peninsular Un ano máis, dende a Asociación de Amigas e Amigos dos Museos de Galicia volvemos conectar a paixón pola cultura cos destinos máis fascinantes. Propoñémosche un percorrido excepcional de 9 días (do 05 ao 13 de novembro) deseñado especificamente para os amantes do patrimonio, a beleza arquitectónica e as tradicións con historia. Seguindo as evocadoras rutas xacobeas, mergullarémo [...]
Xeira especial e tradicional no noso colectivo, neste caso con variante, a que se realizará o domingo 13 de setembro. Xornada na que nos adentraremos no Courel, neste caso polo Cebreiro, visitando as súa pallozas, con canto significa punto tan emblemático no camiño de Santiago: o Santuario coas reliquias do milagre eucarístico, a súa singular imaxineria... universo menvolto en lendas... E xa furando na Serra do Courel, entre as Penas de Mediomundi, Pacios, a mina romana de ouro da Toca, a Torre [...]
Para o vimdeiro domingo 30 de agosto, continuando co noso programa de itinerarios e xeiras deseñadas para fuxir dos circuítos convencionais e achegarnos ao verdadeiro latexar do noso patrimonio cultural, propoñémosvos esta fascinante viaxe polo corazón da provincia de Pontevedra. Unha ruta que enlaza a fonda tradición termal e etnográfica de Cuntis, Moraña, patria de arrieiros, paisaxe ancestral... centrándonos no parque arqueolóxico de Campo Lameiro e o seu centro de interpretación . Achegament [...]
O domingo 9 de agosto terá lugar esta xeira, cavilada para fuxir da urbe e do tempo caluroso de verán. Cun itinerario que nos levará hacia o interior da provincia de Pontevedra; terras montesías de Soutomaior, a Lama, Fornelos de Montes , Xende... Antigos camiños de arrieiros e gandeiros que unían a beiramar pontevedresa, a través dos Montes do Suido e do Faro de Avión, cos ribeiros ourensáns. Terras de importante e significativa emigración a Brasil, con puntos de relevante interese arqueolóxico [...]
O domingo 26 de xullo terá lugar esta xeira que nos levará a Piornedo dos Ancares, entre outros puntos de interese biolóxico e etnográfico de tan significativa serra, repartida entre Asturias, León e a Galiza. Deténdonos en Navia de Suarna, de seguido nos dirixiremos a Piornedo, onde visitaremos tan característica aldea, as súas pallozas, pervivencia etnoarqueolóxica castrexa. Punto no que teremos o máis enxebre xantar montañés. Continuará o noso itinerario cara terras de Cervantes e Castelo de [...]
Está aberta a inscripción a esta xeira excepcional, a que terá lugar o domingo 28 de xuño e que nos levará ás terras asturianas de Grandas de Salime.. Trátase dunha excursión cultural diferente polas terras de Castroverde, a Fonsagrada… e os bordos dos Oscos nos meterá en Grandas de Salime, a fin de coñecer intensivamente o seu Museo Etnográfico, referente entre este tipo de centros, obra do saber e a constancia do entrañable “Pepe el Ferreiro”, que foi gran amigo do noso colectivo, modelo na re [...]
O domingo 14 de xuño, realizaremos unha xeira especial para o tempo de verán e que nos levará a terras montesías de Lalín. Visitando o conxunto da Casa do Patrón, en Codesedo, Doade, casal que comprende unha importante colección etnográfica vencellada ao mundo labrego. Experiencia museística activa, propia dun ecomuseo, con mallas, celebración festivas, gastronomía, parladoiros, etc. Visita que se complementará coa explicación do inmediato castro, xacemento da idade do Ferro, cunha pequena parte [...]
O sábado 13 de xuño pola tarde (saída da Coruña ás 16:00 das paradas habituais), este colectivo de Amigas e Amigos dos Museos de Galicia, realizaremos unha visita guiada tanto ao exterior como a o interior do Pazo do Faramello en Rois. Anótate, canto antes, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas. Debuxo de Felipe - Senén do Castro Lupario e Pazo do Faramello. O pazo do Faramello é un pazo barroco (século XVIII) situado na [...]