Categoría: Próximas xeiras


Está aberto o prazo de inscripción para esta nova excursión cultural, que o domingo 31 de maio nos levará ÁS MÉDULAS e ao seu entorno arqueolóxico. Amplo itinerario de ida e volta seguindo o Sil ao seu paso polo Monterfurado e polas terras de Valdeorras e mesmo pola Cabreira, para redondealo polo Bierzo de Vilafranca. Viaxe onde se fai imprescindible coñecer, contar e ver espazos que tiveron como protagonistas, hai dous mil anos, a miles de esclavos e como o cristianismo propagaba unha nova reli [...]

Xeira para o domingo 10 de maio que nos levará, seguindo o río Masma por terras de Alfoz, as do celebre señor medieval Pardo de Cela, para seguir cara San Martiño de Mondoñedo e furar na historia do bispo Gonzalo, que afundiu barcos viquingos coa simple mirada... Era iste o Convento Máximo, unha das colectividades cristiáns máis antigas da península Ibérica, a que recibiu ao Maeloc bretón... Continúa o Itinerario pola beiramar de Foz e os seus castros, Burela, as factorias de Sargadelos, as ruin [...]

Iste vindeiro domingo, 26 de Abril temos en programa unha xeira a Terras de Ortegal, tan caracterizadas a nivel universal pola súa excepcional xeoloxía, como pola súa historia, etnografía e cultura. Con visita a San Andrés de Teixido, afondando nas súas lendas en relación co Trasmundo, seguindo pola Serra da Capelada, entre as greas de bestas bravas, cos máis sorprendentes miradouros e garitas apuntando ao mar...e xa o Cabo Ortegal co santuaro de San Xiao de Trebo cristianizando cultos mariños r [...]

O domingo 12 de abril, realizaremos esta xeira que nos levará ao concello de Allariz, esta vez a fin de particularizar e coñecer o máis significativo do seu rico e variado patrimonio cultural. Tal como o complexo arqueolóxico de Santa Mariña de augas santas: o Castro de Armeá e o seu inmediato Pozo da Santa, a Igrexa coa tumba da Santa Martir, pozo romano da capela de Santo Tomé, a fonte milagreira e o ancestral carballo... Continuando á tarde para visitar a vila, coñecer a súas tradicións festi [...]

O sábado 28 de marzo ás 16 horas sairemos cara Santiago de Compostela para visitar a exposición adicada ao escultor Asorey no Museo da Cidade da Cultura do monte Gaiás. A exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria afonda desde unha óptica contemporánea no complexo mundo creativo do seguramente máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do século XX. Esta reúne unha selección das obras máis importantes do escultor. Desde as pezas i [...]

O sábado 21 de marzo teremos unha xeira especial para coñecer Monforte e os seus arredores. Xeira cunha detida visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia. Sobranceiro conxunto distinguido entre o patrimonio industrial europeo, inaugurado no 2001: depósitos, rotonda, talleres, fragua, dormitorios de ferroviarios... locomotoras, coches de viaxeiros históricos, coleccións... Recorrido pola cidade, capital da terra de Lemos, presidida polo torreón e o convento de San Vicente del Pino. Ribeiras do Cab [...]

O sábado 7 de marzo terá lugar esta xeira que nos levará pola bocaribeira de Amoeiro, á Trasalba co pazo de Otero Pedrayo, pazo de Vilamarín, ao mosteiro cisterciense de Oseira, as terras de Cea, Maside, Punxín, o Carballiño.... Unha xornada intensa para coñecer aspectos vertebráis dunha xurisdición que no medievo se coñeceu comoTerra de Castela, veciña de Orcellón (O Irixo). Parte importante da historia da cultura galega. Algo que faremos a través de aspectos da vida e da obra do xeógrafo, hist [...]

Está aberta a inscripción para a primeira xeira deste ano 2026, que será o domingo de Entroido, 15 de febreiro. Xeira da aventura na que os asistentes, sorpresa tras sorpresa e durante toda a xornada, farán un recorrido por algúns dos entroidos máis significativos de Galicia. Tampouco faltará o xantar enxebre en lugar característico. Todo o que si terá relación con esta festa primaveral, analizando ademais o almanaque festivo deste tempo, as variedades de máscaras e rivalidades pa [...]

Descarga o programa de actividades 2026 de Amigos dos Museos de Galicia Amais, no apartado de ACTIVIDADES, tamén atoparás a proposta para o ano 2026, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible). Máis aló dos rituais e dos convencionalismos deste tempo de postureos ou performances, quixeramos, do mellor xeito, exprear o noso agradecemento, de compartir os d [...]