Categoría: Conferencias


O xoves 30 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22- A Coruña) terá lugar a conferencia do Doutor e Profesor de Historia Antiga da USC Francisco javier González García titulada: "O CABO E O PORTO DOS ÁRTABROS. RELENDO A COSTA GALEGA NA ANTIGÜIDADE." BREVE CURRICULUM: Francisco Javier González García (A Coruña, 1964). Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor Titular de Historia Antiga no Departamento de Historia da USC e Investigador do Grupo Síncrisis. Inves [...]

Nesta semana Amigos dos Museos de Galicia, desenvolve unhas xornadas sobre TRADICIÓNS ROMANAS EN GALICIA, centradas cunha conferencia en Portas Artabras, Sinagoga, 22,  (xoves 23 de xuño, ás 20 horas) e o domingo 26 de xuño, cunha xeira a fin de coñecer aspectos  da area arqueolóxica romana das Médulas e do Sil, así do seu patrimonio inmaterial, como son os ritos, do solsticio, os do San Xoán . Información Amigos Museos G.   630930298

O xoves 9 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en arte medieval José Luis García Dornelas retoma o ciclo "Paganismo e Relixión na Arte" cunha conferencia arredor das: "DEVOCIONES CORUÑESAS: ESCENAS DE SANTA BARBARA, SAN JORGE, SANTA LUCÍA Y SANTA CATALINA EN EL ARTE" Conferencia na que se comentarán escenas pouco coñecidas das vidas destes santos e de como se manifestan a través da Arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultu [...]

O xoves 2 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras, O arqueólogo Lois Ladra presentará o proxecto CORGORAL, unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no Concello do Corgo. O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, pretende recompilar, estudar e salvagardar a Literatura Popular de Tradición Oral e o Patrimonio  Cultural Inmaterial de interese municipal. É por iso que na páxina web do concello habilitamos unha pestana específica na que iremos dando a coñecer unh [...]

O xoves 19 de maio terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) a presentación do novo libro de Victorino Pérez Prieto "A UNIDADE E A HARMONÍA DA REALIDADE. COMPLEXIDADE E ECOLOXÍA". Acompañando ao autor estarán: Manuel Regal Ledo, prologuista do libro, e Tati Mancebo, directora comercial da Editorial Galaxia. A unidade e a harmonía da Realidade é un diálogo aberto co mundo da ciencia e do pensamento, que nos anuncia unha nova maneira de situarnos como persoas e comunidade crente-reli [...]

O mércores 18 de maio (Día Internacional dos Museos) , ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia: "PONTEVEDRA E A PEREGRINACIÓN A COMPOSTELA" impartida polo Historiador da Arte Carlos Valle Pérez. Neste "Día dos Museos" daremos a coñecer o "Premio Pedra do Destino 2022", dedicado a aquelas persoas caracterizadas pola súa actividade na salvagarda e difusión do Patrimonio Cultural de Galicia.

O xoves 12 de maio ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 -A Coruña) a presentación do libro: "CARVALHO SEMPRE, ALUSTRES DE VIDA E OBRA" de Luis G. Soto e Tareixa Roca editado por Espiral Maior, no acto, alén dos autores participará o editor: Miguel Anxo Fernán Vello. Entrada libre ate completar aforo. Tareixa Roca (Guitiriz, Lugo, 1956), catedrática de ensino secundario de Lingua e Literatura Galegas, é membro da primeira promoción de licenciados en filoloxía galego-portuguesa [...]

O xoves 28 de abril, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, baixo - A Coruña) a conferencia do arqueólogo e Profesor de Historia Antiga da Universidade de Oviedo Diego Piay Augusto arredor de: "As vilas romanas na antiga provincia de Gallaecia" As vilas foron estruturas de carácter residencial e produtivo situadas no mundo rural, moi características da civilización romana. A súa presenza esténdese, aproximadamente, desde o século II aC ata o V dC. Atópanse dispersas por todo o [...]

O xoves 7 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras Jose Carlos Alonso Sánchez presentará LIBROS POLA “ P” - “Puerto de A Coruña” e “Puente del Pasaje”. Jose Carlos Alonso Sánchez, redactor desde hai 6 anos do “Proyecto FLUJOS” presenta con estes dous títulos da súa colección (noveno e décimo primeiro) os primeiros que abordan temas de interese para o conxunto da cidadanía coruñesa. O porto porque tivo unha panoplia de implicacións (laborais, lúdicas, transporte…) e a ponte por que a través del pu [...]