XOVES 7 DE ABRIL: JOSE CARLOS ALONSO SÁNCHEZ PRESENTA LIBROS POLA P: “PUERTO DE A CORUÑA” E “PUENTE DEL PASAJE”


O xoves 7 de abril ás 20 horas en Portas Ártabras Jose Carlos Alonso Sánchez presentará LIBROS POLA “ P” – “Puerto de A Coruña” e “Puente del Pasaje”.

Jose Carlos Alonso Sánchez, redactor desde hai 6 anos do “Proyecto FLUJOS” presenta con estes dous títulos da súa colección (noveno e décimo primeiro) os primeiros que abordan temas de interese para o conxunto da cidadanía coruñesa. O porto porque tivo unha panoplia de implicacións (laborais, lúdicas, transporte…) e a ponte por que a través del puidemos achegarnos aos lugares do noso gusto (praias próximas e afastadas, segundas residencias, viaxes a case calquera recuncho da xeografía española…).