Categoría: Conferencias


O martes 8 de febreiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia organizada pola  Agrupaçom Cultural O Facho, na que participará Carlos Garrido Rodríguez, quen falará dentro do ciclo, Língua, Literatura e Naçom. A sua palestra versará sobre: “Publicar em galego na Galiza, Portugal, Brasil”

Neste luminoso e esperanzado mes de febreiro volvemos non so á intensidade de actividades no noso espazo de cultura "Portas Ártabras" - o que sempre estivo aberto á información- senon que retomamos as xeiras da serie "Coñecer Galicia" Luns: Video-proxeccións sobre arte.Martes: Conferencias sobre temas socioculturais da nosa colaboradora a Asociación Cultural "O Facho"Xoves: Conferencias, as primeiras de introducción á Historia da Cultura Galega, impartidas por Felipe-Senén, preparatorias doutras [...]

O venres 17 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro "MEMORIA E LEGADO DOS PETRÓGLIFOS" de Ramón Sobrino Lorenzo - Ruza. Acto organizado por Colectivo A Rula. Con este proxecto queremos achegar unha mostra fundamental da riqueza da nosa arte rupestre, dende a “óptica” dun dos grandes arqueólogos do século XX, Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, que dedicou boa parte da súa vida a documentar de forma gráfica o noso pasado dun xeito rigoroso pero tamén p [...]

O xoves 16 de decembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro "MARE VOSTRUM" de Miguelanxo Lar. MARE VOSTRUM é un romance no que o personaxe de Nico Barreiro retoma as aventuras que o levaron a Barcelona na miña primeira novela, Latinoeuropa. En Mare Vostrum Nico é un escritor de éxito que ademáis rexenta un restaurante en Roma e goza da vida en familia coa súa namorada, Valeria, cando recibe unha chamada alertándoo do estado de saúde mental do seu amigo Marc, e que o [...]

O xoves 2 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro "DONDE SE VIVE" de Xurxo Mares. Vinte anos de correrías (1950/1970) dun neno que trasteou pola Estación do Norte, A Granxa, Santa Lucía, Catro Camiños, A Gaiteira,  Lazareto, El Puntal, etc. Aventuras e xogos como as bolas, as chapas, a buxaina, racacá o tulé e tamén perxonaxes da época: Clemente, Chano, Pellicer, Manolo Roca o Sansón, quedan reflectidos en "Donde se vive" para que non se esquezan.

O xoves 25 de novembro, ás 20 horas, en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "José Afonso. Todas as Cançoes: Partituras, Letras, Cifras". No acto participarán: Henrique Marques, António Pimenta, Guilhermino Monteiro, presentado por Felipe -Senén e coa actuación musical de: César Morán Grupo e Xico de Carinho. "A AJA Galiza colabora com a apresentaçom do livro "José Afonso, Todas as Canções. Partituras, Letras, Cifras" que reune as partituras, letras e diagramas de acordes de 159 cançons [...]

O venres 19 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro "AS FOTOS DA RETINA' de Ramona Giráldez. Ademais da autora participarán no acto: Tania Arufe (ilustradora), Rosa Fernández (presentadora do acto) e actuación de César Morán. Os relatos de “As fotos da retina” parten da idea de narrar xusto esas experiencias de viaxes que nunca aparecen nas nosas fotografías. Esas imaxes que, por inesperadas, por espontáneas, por pudor ás veces, ou mesmo por aparentemente in [...]

O xoves 18 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo libro de María Moure de Oteyza: "MARÍA DAS HERBAS E AS HERBAXEIRAS DO CAUREL". Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria é un libro de divulgación destinado ós expertos e ó público en xeral, primeiro tomo dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor. Baséase nas entrevistas realizadas ós veciños da bisbarra (concello de Folgoso e colindantes) durante dous anos de tra [...]

O xoves 4 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia de Francisco A. Vidal titulada: "DOS FASTOS ÁS FESTAS" O santoral danos moitas claves sobre a sociedade, cada parroquia ten polo menos un santo baixo cuxo amparo agardaba unha vida mellor, pero o santoral tamén sirve para entender a historia e economía dun lugar, o que en principio poden parecer simples lendas ou supersticións. Tratarase de aproximar os fastos e as festas, como herdeiras dos mitos, dos símbolos e atrib [...]