Categoría: Conferencias


O xoves 20 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Santiago Juega Puig: "PERIPLO AL MALUCO. LA CASA DE CONTRATACIÓN DE ESPECIERÍA. A CORUÑA, 1522 - 1529" En 1522, tras o regreso de Elcano a bordo da nao Victoria, Carlos I creou na Coruña a Casa de Contratación da Especiería, coa intención de centralizar toda a actividade coas Illas Molucas. Partiron tres expedicións: Esteban Gómez (1524-1525), Loaísa-Elcano (1525-1536) que conseguiría realizar a segunda c [...]

O xoves 13 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar unha nova conferencia impartida polo enxeñeiro e especialista en arte José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre: "LA EVOLUCIÓN DE LA MEDICINA Y DE LA PERMANENTE LUCHA ENTRE LO SAGRADO Y LA RAZÓN"

O xoves 6 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación da nova edición revisada, ampliada e bilingüe do poemario “As nosas sombras no Xardín de Serralves” (Bartleby Editores), a cargo do poeta, narrador, ensaísta e artista plástico Xabier Seoane, o poeta, narrador é xornalista Antón Castro e do propio autor, Xoán Abeleira. Adxuntamos ligazón informativa da distribuidora : https://www.udllibros.com/libro-nuestras_sombras_en_el_jardin_de_serralves-2310020179

O xoves 8 de setembro, ás 20 horas en Portas ´Ártabras terá lugar unha nova conferencia impartida polo enxeñeiro e especialista en arte José Luis García Dornelas, que nesta ocasión fará un análisis iconográfico, remarcando os paralelismos con outras culturas do relato de "LA CREACIÓN DEL MUNDO", tal como é narrado nos primeiros capítulos do "Xénese".

O xoves 14 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en arte medieval José Luis García Dornelas continuará o ciclo "Paganismo e Relixión na Arte" cunha conferencia arredor das: "DEVOCIONES CORUÑESAS: ESCENAS DE SANTA LUCÍA, SANTA CATALINA, SANTA MARGARITA Y SAN CRISTÓBAL EN EL ARTE" Conferencia na que se comentarán escenas pouco coñecidas das vidas destes santos e de como se manifestan a través da Arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintu [...]