Categoría: Conferencias


O xoves 13 de marzo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que comentará a visión bíblica do establecemento das tribos de Israel na Terra prometida e de como estes acontecementos reflectíronse na arte.A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Entrada libre ata completar aforo. Actividade enmarcada no ciclo Cristianismo e Paganismo na Arte. Biblia de [...]

O xoves 27 de febreiro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia da expresidenta da Fundación Risco, Celia Pereira Porto titulada: "PÓR A ALMA ONDE POMOS OS PÉS: O LEGADO DE VICENTE RISCO" Celia falará da custodia do legado de Vicente Risco e da súa familia en Allariz, da súa importancia e tamén do descoñecemento que hai respecto da vida e da obra, 62 anos despois da súa morte. É moito máis, o que se ignora que o que se coñece. Paga a pena (e máis nestes tempos n [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro dia 25 de febreiro, a escritora e académica Marilar Aleixandre impartirá unha palestra co título: Concha Arenal: a muller afouta Data: 25 de febreiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Concha –ela asinaba deste modo– Arenal foi unha das catro pensadoras galegas do [...]

O xoves 20 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22, A Coruña) terá lugar unha conferencia impartida polo arqueólogo Tito Concheiro Coello titulada: "A SINGULARIDADE DA CULTURA CASTREXA: CELTAS E GALAICOS". Unha das cuestións que suscita máis debate na arqueoloxía galega é a identificación dos castros prerromanos cos celtas: os asentamentos, os artefactos, entre eles a sorprendente ourivería, torques e arracadas, as descricións das súas costumbres fan da cultura castrexa algo sin [...]

O xoves 13 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que comentará a visión bíblica do establecemento do pobo de Israel na Terra prometida e de como estes acontecementos reflectíronse na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Actividade enmarcada no ciclo cristianismo e paganismo na arte. Entrada libre ata completar aforo. Biblia de [...]

O xoves 6 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia impartida por Carmen García-Rodeja (Asociación Pola Memoria Histórica) e Luis Pérez (Catedrático de Literatura e avogado), titulada: "OS DEPORTADOS CORUÑESES AOS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN NAZIS. O CASO DO INTELECTUAL JUAN GONZÁLEZ DEL VALLE". Juan González del Valle González de la Vega, nado na Coruña o 14 de outubro de 1898, escritor e activo político republicano galego, colaborador da revista Alfar, elexido académico [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro dia 4 de febreiro o arqueólogo e investigador Antón Fernández Malde, impartirá unha palestra co título: RUTAS DE PODER: CAMIÑOS ANTIGOS E ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO. Data: 4 de febreiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Contido da palestra:  Os cambios do poder vanse [...]

O luns 3 de febreiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección de un audiovisual, comentado polo historiador da cultura galega Felipe Senén, e posterior debate arredor da Festa da Candeloria e o Imbolc céltico no que se festexa o fin do inverno. Primeiros días de febreiro dedicados en Irlanda a Santa Bríxida, cristianización da divindade céltica Brig, quizais en relación con Brigantia e tantos sitios de raiz "brig" existentes en Galicia, onde ademais neste tempo se cumpren as litur [...]

O xoves 23 de xaneiro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia impartida polo investigador, e divulgador da historia e do patrimonio galego, Xosé Troiano , que presentará unha pequena escolma arredor das campás en Galicia facendo especial fincapé nas campás da cidade da Coruña. Descrición delas, porqué, cando e cómo se fan.  Tamén se falará dos mestres fundidores na nosa terra e rematamos cun video explicativo de 5 minutos de como se elaboran. Entrada lib [...]

O xoves 16 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto divulgativo, documental sobre o creador de formas Isaac Díaz Pardo, introducido por Felipe Senén. Un xeito de abrir este ano 2025, no que o "Día das Artes Galegas" (1 de abril) estará dedicado a este xenial artista e difusor da Arte Galega. Entrada libre ata completar aforo Isaac Díaz Pardo, (1920 Compostela- 2012 Coruña) fillo do escenógrafo Camilo Díaz Baliño viviu fondamente os anos e liberdades da república e da guerra [...]