O martes 1 de abril, ás 20 horas e con motivo da celebración nesta xornada de o "Día das Artes Galegas" terá lugar en Portas Ártabras un acto dedicado a repasar audiovisuais sobre a vida, obra, milagres e mesmo sobre o espolio do creador de formas Isaac Díaz Pardo (Compostela 1920 - Coruña 2012). Fillo do escenógrado das Irmandades da Fala, Camilo Díaz Baliño, vilmente asasinado na Guerra civil. Isaac retoma a mensaxe dos seus: colga a pintura de cabalete para, coa axuda de exilados na Arxentina [...]
O venres 28 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) unha interesante conferencia pronunciada polo gañador da V Residencia Xacobeo para Tradutores/as de Literatura Galega, Inaciu Galán na que nos introducirá á lingua e literatura asturianas hoxe. O acto será presentado por Yolanda Castaño.
O xoves 27 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar o recital poético: O RÍO QUE NOS LEVA de Medos Romero e Eva Veiga, dúas voces do Eume. Tan felices se vos presta acompañarnos nestes recital tan especial para nós as dúas: somos poetas que compartimos o rumor de fondo do Eume e todo o que nace, medra e desaparece nas súas beiras. Dúas poéticas que beben nesas augas, máis que soñan, Unha dende a montaña e a outra dende a mariña. En todo caso, a mesma emoción por compartir con vós os [...]
O mércores 26 de marzo, ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22, baixo - A Coruña), a conferencia "A REALIDADE PALESTINA HOXE", encuadrada dentro da Semana contra o apartheid israelí. Estará con nós Fayez Badawi (membro da resistencia palestina) para falar de primeira man da realidade na Terra Palestina, falará tamén de activismo e resistencia. Estará acompañado de Carlos Aymerich, quen presentará e moderará. Entrada libre ata completar aforamento.
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro día 25 de marzo, os doutores arquitectos e profesores Henrique Seoane Prado e Ángeles Santos Vázquez impartirán unha palestra co título: O MANEXO DA AUGA NO TERRITORIO DE GALICIA Data: 25 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Co [...]
O venres 21 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia arredor dos CELTAS DE BRIGANTIA; REALIDADE OU FANTASÍA, pronunciada polo artista, escritor e investigador especializado no mundo celta, Javier Mareas. Un xeito de adentrarse nunha idea moi deturpada, a de "celtas". Partindo do que entenderon por celtas os historiadores e protoarqueólogos do século XIX e comezos do XX, como tribos que habitaron Europa no primeiro milenio antes de Cristo, difusoras do [...]
O xoves 20 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS DA GALLAECIA, de Fernando Cabeza Quiles quen será introducido por Felipe - Senén. Libro publicado por Espiaral Maior Edicións. Esta é unha obra de investigación predominantemente filolóxica, que desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na an [...]
O mércores 19 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia / presentación do libro: CIUDAD DE LA SELVA (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio). No acto participarán o arqueólogo Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos SL - Universidade de Vigo) e o editor do libro Paco Macías (Edicións Positivas) …E con esta mochila cargada de preguntas comezamos a camiñar os montes de Casaio na procura da Ciudad de la Selva, como guerrilleiros contemporáneos. O proxe [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro día 18 de marzo, a profesora e escritora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título: Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX Data: 18 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Celia M. Armas García é profesora [...]
O venres 14 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de de "Prefiro condenarme", a antoloxía poética de Margarita Ledo Andión que editou Chan da Pólvora. O acto, contará coa presenza da autora xunto a Eva Veiga, que escribiu a introdución ao volume. Canda elas estará o director de Chan da Pólvora, Antón Lopo. Margarita Ledo Andión percorre as arestas da súa poética en Prefiro condenarme, título que coincide co do seu último documental e que inclúe pezas inéditas, como o [...]