Categoría: Conferencias


O xoves 9 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro de Adela Figueroa Panise "AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA", editado por Laiovento. No acto, ademáis da autora participarán: Carmen García Rodeja; voceira da ARMH (Asociación da Recuperación da Memoria Histórica) en Galicia, Isabel Mao; descendente dunha das mulleres a que se fai referencia no libro, Felipe - Senén; Presidente de Amigos dos Museos de Galicia e Xurxo Souto animará o acto coas s [...]

Volvemos... Retoma os camiños e a ilusión, esperámoste Sempre tivemos as Portas Ártabras abertas, esperándote. E agora, en Setembro e na medida que se normaliza a cuestión volvemos á actividade colectiva e continúa. Xa en programa están prefixadas as seguintes actividades. Inscríbete. Outras iranse incorporando na medida das circunstancias ·       Todos os XOVES: Leccións sobre a Cultura Galega:  -2 Setembro:  “Compostela e os seus Camiños” (Felipe –Senén) -9 Setembro:   ”As mulleres na guerra”  [...]

O xoves 1 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22, A Coruña) a presentación de "El Parque del Pasatiempo en Betanzos". É preciso reservar no 630930298. Este libro, realizado por tres membros da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, percorre a biografía dos García Naveira e da súa creación máis senlleira, o Parque do Pasatempo. A través das súas páxinas poderemos contemplar o esmorecemento deste lugar declarado Ben de Interese Cultural no 2020. Ademais, conta cun [...]

O ESTADO DA CUESTIÓN DOS MUSEOS DE GALICIA E "PREMIO PEDRA DO DESTINO 2021" Neste singular martes, ás 20 horas, en "Portas Ártabras" teremos un acto no que Felipe-Senén introducirá ao "Estado da cuestión dos Museos Galegos", en relación cos presupostos da nova Museoloxía como ciencia do Museo e da súa xestión. Acto no que estará moi presenmte o lema proposto polo Organismo Mundial de Museos (ICOM): "Recuperar e imaxinar", na busca de solucións innovadoras arredor da cultura como motor de ideas d [...]

Ás 20 horas en “Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia, María Pérez Miñones, poeta das novas xeracións lerá e explicará poemas do seu libro “Las Flores del Tilo”. Acto no que fará a presentación o historiador da cultura galega Felipe Senén. “Versos que abren camiños, que rompen valados...en busca dunha LUZ intima e solidaria”. Perez Miñones é integadora social, especialista en talleres de escritura creativa. A súa obra circunscrita nas súas vivencias radica na o [...]

O Xoves 4 de Marzo ás 19:30 terá lugar en "Portas Ártabras" a conferencia, ilustrada de imaxes, impartida pola Historiadora da Arte e técnica de Xestión Cultural Rosario Sarmiento: "A Guerra e o seu relato na arte contemporánea de Galicia". Creador@s galeg@s de todos os tempos, sensibilizados cos motivos e os efectos das guerras, moitos deles que as viven en carne propia, non deixaron de facer un arte de vangarda, militante, comprometido coa Paz, coa Liberdade e coa verdadeira Historia da Arte.. [...]

Fai un ano, no 2020 e por este tempo festivo que abre á primavera un representativo grupo de Amigos dos Museos de Galicia facíamos un recorrido antolóxico a través do Entroido galaico-portugués : o Bolo, Bragança, Podence, Santulhao... Monterrei, a Limia..... Mal coñecíamos o que acontecería despois e os retos ante os que nos enfrentamos hoxe e dos que algo aprenderemos, non queda outra que acudir á cultura que saber e responsabilidade para protexerse un e aos demais. Así que, coutados. acudimos [...]

Ás 20 horas en Portas Ártabras o profesor de Xeografía da Univesidade Complutense Francico Alonso Otero impartirá unha conferencia sobre a MARAGATERÍA. Encontro no que abondará en temas relativos á xeografía deste enclave, entre Astorga, os montes do Teleno e o Val do Silencio, atravesado polo Camiño Francés a Compostela, así como a súa arqueoloxía, sendo interesantes os seus enclaves mineir [...]

O xoves día 23 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras,cunha conferencia do arqueólogo Lois Ladra farase presentación pública do libro editado polo noso colectivo " OS TORQUES ÁRTABROS. ARQUEOLOXÍA E CONTEXTO PARA O OURO GALAICO". Exemplar que se une a oturos xa publicados na mesma colección sobre Alexandre Malaspina,  A guía de dolmens de Galicia,  a Guía do Cimeterio de Santo A [...]