MÉRCORES 26 DE MARZO: A REALIDADE PALESTINA HOXE


O mércores 26 de marzo, ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22, baixo – A Coruña), a conferencia “A REALIDADE PALESTINA HOXE”, encuadrada dentro da Semana contra o apartheid israelí.

Estará con nós Fayez Badawi (membro da resistencia palestina) para falar de primeira man da realidade na Terra Palestina, falará tamén de activismo e resistencia. Estará acompañado de Carlos Aymerich, quen presentará e moderará.

Entrada libre ata completar aforamento.