O xoves 31 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación de "AS HORAS MORTAS" VIAXES E CONVERSAS POR CEMITERIOS GALEGOS de Emma Pedreira, editado por Baía. No acto amais a autora participan Xurxo Souto, Pura Tejelo e Valentín García. Baixo este título reúnese unha antoloxía de cemiterios, camposantos e lugares fúnebres do noso país, ademais dos nosos rituais, crenzas e o corpus mitolóxico que galegas e galegos levamos no adn no tocante á morte. Concibido como unha guía de [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 29 de outubro o profesor e arquitecto Xosé Allegue impartirá unha palestra co título: “GALICIA: TERRITORIO CAPTURADO” Data: 29 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña GALICIA : TERRITORIO CAPTURADO [...]
O domingo 27 de outubro, está programada esta xeira que nos levará pola Ribeira Sacra de Monforte, saíndo ás 09:00 das paradas habituais. Xeira na que coñeceremos o espírito da cidade dos Condes de Lemos, a poderosa familia dos Castros e farémolo a través do seu legado histórico e artístico... para de seguido internarnos polos lugares máis significativos das ribeiras do Sil, os santuarios de Pinol, Cadeiras... núcleos rurais tradicionais cos seus miradores sobre os canóns do Sil. Teremos o tradi [...]
Como é costume ás 20 horas do xoves 24 de outubro en Portas Ártabras, o profesor e historiador do CSIC, Anselmo López Carreira dará unha conferencia sobre un persoeiro singular na historia de fins do medievo, sc. XIV, en Galicia, a de "Xoán de Andeiro, un coruñés nas Cortes de Inglaterra e Portugal". Unha proba das fraternais relacións da Coruña con Portugal, por medio deste noble coñecido tamén como Conde de Andeiro, que se vai a Portugal a fin de vingar o asasinato de Pedro de Castela polo seu [...]
O mércores 23 de outubro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Manuel Miragaia titulado: "A TERRA DO EO - NAVIA. A GALEGUIDADE EN ASTURIAS", editado por Medulia. Amais do autor participarán no acto: Pilar García Negro (ensaísta e profesora da UDC) e Chema Paz Gago (escritor e profesor da UDC)
O sábado 19 de outubro temos programada a visita ao Museo do Pobo Galego, a fin de adentrarnos, guiados por especialistas na cultura material e ideolóxica que identifica a Galicia, así como á Cidade da Cultura, neste caso a fin coñecer a exposción "Unha Vida Viquinga", relacións nórdicas tan en relación con Jacobusland e co medievo galego (Sec IX-XII). Saímos en bus dende o Obelico ás 15:00 ademais faremos parada nas Paxariñas e en Carrefour, máis convén concretar istes aspectos. Regresaremos á [...]
O xoves 17 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia impartida polo escritor, historiador e etnógrafo Xosé María Lema Suárez, na que falará da "Arte relixiosa nas comarcas da Costa da Morte: artistas e obradoiros rurais dos séculos XVIII e XIX". Ameno paseo a través de igrexas, santuarios, dos seus retablos e singulares imaxes, devocións, en definitiva dunha cultura que proba o interese destas bisbarras, orixe dunha considerable nobleza, demostrada nos ricos pazos e con [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 15 de outubro se proxectará un audiovisual co título: “ALTRI: A SEDE INSOSTIBLE” Data:15 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña O audiovisual, de Xarda e O Salto Galiza, foi realizado por Elena Martín e Pablo Santiago e contou c [...]
O xoves 10 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre os montes, ríos, bosques e outros espazos sacros nos que, segundo a tradición, manifestábanse espíritos e divindades que entraban en comunicación cos homes.A charla apoiarase na proxección dun centenar de espazos naturais e obras de arte que recollen algunhas das formas que foron utilizadas para tratar de comunicarse [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 8 de outubro a arqueóloga Purificación Soto Arias impartirá unha palestra co título: “O CASTRO DE MONTES CLAROS (VILAÑO-A LARACHA), UN POBOADO ÁRTABRO BEN COMUNICADO” Data:8 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Purificación Soto Arias é arqueóloga profesio [...]