O sábado 11 de Agosto de 1934 inaugurouse, con toda solemnidade e nos espazos do Recheo coruñés, o Monumento a Curros. Obra antolóxica do escultor Asorey. Acto ao que concurriu o Presidente da República Niceto Alcalá Zamora, seguido de todas as autoridades e o máis florido da intelectualidade galeguista daqueles anos, que con aquel feito vían cumprida unha das súas vellas ansias, a de honrar ao poeta civil que tanto contribuíu á creación da Academia Galega. Inmediatamente á morte de Curros acont [...]
O xoves 8 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia arredor do universo simbólico medieval, pronunciada polo arquiveiro, historiador, pintor, doutor en Historia da Arte, fundamental na creación, actualización e animación do Museo e do Arquivo de Betanzos, presidente da Fundación Luis Monteagudo Alfredo Erias Martínez que falará do CICLO ESCULTÓRICO DE DAVID E BETSABÉ NA CATEDRAL DE SANTIAGO. Representacións artítiscas, catecismo bíblico, simbolos da virtud [...]
O xoves 1 de agosto ás 20 horas, terá lugar unha presentación - conferencia de Jose C. Alonso, na que nos falará das súa última publicación en dous volumes: "ARRASAMIENTO: ALFONSO MOLINA - MONELOS / ALFONSO MOLINA - 4 CAMINOS" A gran liña recta da avenida Alfonso Molina entre Ponte da Pedra e Linares Rivas responde ás ínfulas propias do réxime ditatorial no que viviamos sumidos. A grandilocuencia xustifica o ARRASAMENTO de dúas grandes áreas do termo municipal sen a máis mínima consideración pol [...]
Xa está aberta a inscripción para participar nesta xeira programada para o domingo 28 de xullo que nos levará ás terras do Minho portugués. Monçao, Melgaço e o Santuario da Peneda no mítico monte Leboreiro. Parte do Minho Portugués, arraiano con Galiza, cargado de lendas, mitos, arqueoloxía e historia en relación con Galicia. Xeira esencial neste programa que nos leva a coñecer de xeito integral o Noroeste de Iberia. Como nos caracteriza non faltará o xantar enxebre, neste caso nas frescas terra [...]
O sábado 27 de xullo, de 16 a 21 horas, realizaremos a visita (en programa para o mes de xuño), que nos levará por terras de Oza dos Ríos, Cesuras e Curtis... a fin de coñecer as súas igrexas medievais, conxuntos etnográficos, o antigo hospital deseñado polo arquitecto Gonzáez del Villar, así como a Casa Museo de M. Antonia Dans e paisaxes que inspirron a esta xenial pintora. Unha tarde inmensa polos arredores de Betanzos. Xeira para a que xa podes preanotarte en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – [...]
O xoves 18 de xullo,, ás 20 horas en Portas Ártabras, continuamos co ciclo arredor do Grial, o mítico Cáliz da Sangue de Cristo, o que, segundo as tradicións Xosé de Arimatea levou polos confíns célticos do occidente Atlántico… argumento do Santo Grial (Sangre Real) sobre a que asentar castes de nobleza, tan buscado polo Rei Arturo e os seus Cabaleiros da Taboa Redonda, odisea medieval entre meigas, monstros, bosques... orixe das novelas de cabaleirías. Introdución a un interesante documental so [...]
Está aberta a inscripción para participar nesta xeira que se realizará o domingo 14 de xullo e que nos levará pola ribeira sacra do río Miño: Ribas de Miño, Diomondi, A Cova, o complexo da Granxa de Arxeriz, Ferreira de Pantón e o seu entorno....e moito máis. Con espazos singulares, arqueoloxias e conxuntos etnográficos pouco coñecidos en relación coas primeiras comunidades cristiáns da península Ibérica. E como sempre non faltará o xantar enxebre en lugar pintoresco. Anótate en Portas Ártabras [...]
O xoves 11 de xullo,, ás 20 horas en Portas Ártabras, continuamos co ciclo arredor do Grial, o mítico Cáliz da Sangue de Cristo, o que, segundo as tradicións Xosé de Arimatea levou polos confíns célticos do occidente Atlántico... argumento do Santo Grial (Sangre Real) sobre a que asentar castes de nobleza. Introdución dun interesante documental presentado por Felipe-Senén : “O Graal”. Serie introductoria para unhas conferencias sobre O GRIAL E GALICIA, teima de Vice [...]
O xoves 4 de xullo,, ás 20 horas en Portas Ártabras, continuamos co ciclo arredor do Graal, coa proxección dun interesante documental : "Na Procura do Santo Graal". En Galicia existen lendas arredor do Graal, como a do Cebreiro... mesmo os antigos armoriais deste vello reino identifícanno cun calíz, entendido como a cristianización dunha antiga cunca céltica....Tema da cunca sacra do Graal, tamén na que Xosé de Arimatrea recolle o sangue de Cristo, incrementado con aportes míticos do medievo, ar [...]
O xoves 27 de xuño, ás 20 horas, en Portas Ártabras proxectaremos un interesante documental sobre o Cáliz de dona Urraca, unha peza romana de ónix, revestida en ourivaría románica e doada á señora de Zamora e filla do rei Fernando I de León. Na actualidade atractiva peza no museo da colexiata de San Isidoro de León. En datas recentes, xurdiu a polémica teoría de que puidese tratarse da copa utilizada por Cristo na Última Cea, o Grial, e venerada como tal desde o século IV nos santos lugares ata [...]