O xoves 28 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), o polifacetico escritor, actor e guionista Suso Lista pronunciará a conferencia titulada: "CORME NA HISTORIA".Un breve recorrido pola historia de Corme e das súas xentes desde a prehistoria ata o século XX. Paisaxe e paisanaxe, de xentes do mar como o almirante Mourelle, Mosqueira Manso, Fernández Saleta... artistas como Pailós e a fundación Torres Pujales... a importancia do encaixe, da navegación a vela e do sala [...]
O xoves 21 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, Alex Pernas presenta súa ultima novela: "PASPARTUE". "Esta é a historia dunha obsesión, dunha fixación enfermiza por outra alma, por outro ser ao que perseguirá ao longo dos anos e das vidas." "Un relato atroz no que o renacer está inevitablemente ligado á repetición, e no que os propios froitos da maldición serán os que propicien que o pesadelo nunca teña fin." Alex Pernas desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software. No ámbito cul [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicamos-vos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 19 de novembro a catedrática Mª Rosario Soto Arias impartirá unha palestra co título: “A Coruña na boca do pobo (na fraseoloxía, na paremioloxía e no cantigueiro popular)” Data: 19 de novembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Mª Rosa [...]
O xoves 14 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a gran cantidade de demos que están presentes na arte do pasado milenio.A charla apoiarase na proxección de máis dun centenar de obras de arte nas que se mostra como eses seres foron utilizados para ameazar e controlar a conduta do home.Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.Entra [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 12 de novembro o licenciado en Dereito e Ciencias Económicas Enrique Sáez Ponte impartirá unha palestra co título: “JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCIEDADE MELLOR” Data: 12 de novembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña “JUANA DE VEGA: A PROCURA DUNHA SOCI [...]
O domingo día 10 de novembro, vespera do celebrado San Martiño e da festa pagán dos Magostos, realizaremos esta xeira, propia para o tempo de outono, a que nós levará ata Viveiro ao fin de coñecer as súas singularidades: cidade de artistas, filósofos, humanistas... para contiuar carao ao complexo fabril de Sargadelos: as novas fábricas ideadas por Díaz Pardo e Seoane... as pegadas da Ilustración, seguindo os pasos de Raimundo Ibañez... Recorrido que se complementará con aspectos arqueolóxicos, m [...]
O sábado 9 de novembro, con saída ás 17:00 dende Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), espazo de cultura de Amigos dos Museos realizaremos unha visita guiada por Felipe Senén (arqueólogo - museólogo) a fin de coñecer aspectos arqueolóxicos, históricos, folclóricos ou míticos da Cidade Vella da Coruña, así como singularidades da Casa Museo de María Pita. Pra ter unha previsión de asistentes, compre Anótarse en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de [...]
O xoves 7 de novembro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a entrega do Premio Pedra do Destino 2024, que o Día itenacional dos Museos, 18 de Maio, se deu a coñecer. Galardón concedido nesta ocasión ao psicólogo e activista cultural José Martínez-Romero Gandós e a súa compañeira Pilar Jeremías, pola súa dedicación entre a emigración a Arxentina a divulgar a cultura de Galicia e o legado da emigración. Premio que consistirá na edición dun libro sobre a obra de Luís Seoane en Bos Aires , edic [...]
O xoves 7 de novembro, ás 12:00 noso colectivo ten programamda unha visita a exposción: "60 ANOS DO INSTITUTO CORNIDE. PENSAMENTO DE CIDADE" , guiada pola directora do mesma Instituto, a profesora Ana Romero Masiá. É unha actividade de balde e libre, pero compre anotarse en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas. Tomando como fío condutor a historia e actividade do Instituto Cornide desde a súa fundación en 1964, en plena di [...]
O mércores 6 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último poemario de Ramona Giráldez Domínguez: "A COHESIÓN DA AUGA". O acto contará coa participación de: César Morán (Músico), Mercedes Espiño (presentadora) e mais a autora Ramona Giráldez (poeta).