O xoves 18 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último poemario de Francisco X. Fernández Naval, titulado: "VAL TAN DOCE E SOMBRÍO", editado por Kalandraka (Tambo). Intervirán no acto: Eva Veiga (Poeta) Luís Rei Núñez (Director da colección Tambo) Francisco X. Fernández Naval (Autor) Entrada libre ata completar aforamento. __________ Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos an [...]
O mércores 17 de xuño, ás 20:00 terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo libro - disco LUBRE que celebra o 40 aniversario de Luar na Lubre. O acto contará coa intervención da filóloga Dolores González, o antropólogo Lois Ladra, o historiador da cultura galega Felipe -Senén amais dos membros de Luar na Lubre. Entrada libre ata completar aforamento. 30 persoeiros do mundo do eido da cultura nas súas distintas modalidades ofrécennos as súas respectivas achegas, relacionadas co 40 aniver [...]
O martes 16 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia no que se presentará o libro de Emilio Grandío Seoane: "UN TORY EN ESPAÑA. Wing Commander James (WCJ) (1936-1941)" . No acto participarán: Emilio Grandío Seoane: Autor do libro e Catedrático Historia Contemporánea (USC) Lourenzo Fernández Prieto: Catedrático Historia Contemporánea (USC) Cándido Barral Alvarellos: Xornalista Entrada [...]
O venres 12 de xuño ás 20:00 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de X. H. Rivadulla Corcón, titulado "ONDE O VENTO ME LEVE", publicado por Espiral Maior Edicións. Participarán no acto: X. H. RIVADULLA CORCÓN (Autor) FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL (Poeta e escritor) MIGUEL MATO FONDO (Poeta e escritor) MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO (Director de Edicións Espiral Maior) Un home que afirma que non cre no homo sapiens, pero si cre no mar e na poesía, decide facer unha viaxe so [...]
Un blasfemo sendo apedreado (Levítico 24:23). Imaxe extarída dun exemplar da Biblia Paduana realizada no ano 1.400. (British Library Add 15277, f.23v). O xoves 11 de xuño, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará, apoiándose en máis dun centenar de imaxes, sobre a utilización da crueldade para captar a atención dos fieis, fixar historias sacras na memoria e transmitir leccións morais de x [...]
O martes 9 de xuño, ás 20:00 horas, terá lugar en Portas Ártabras a actuación da formación teatral CasaHamlet que presentarán: "PODE SORRIR E SER UN BELLACO" Esta montaxe, dirixida por Santiago Fernández, é unha viaxe emocionante a través de pequenas pezas ensambladas que exploran as aparencias e a dualidade humana, inspirándose na célebre frase do Hamlet de Shakespeare. INSPIRADA EN TEXTOS DE: W. SHAKESPEARE, M. LOURENZO, A. DE SANTOS, H. PINTER, X. PISÓN, SANCHIS SINISTERRA. INTÉRPRETES: PACO [...]
O venres 5 de xuño ás 19:00 horas, terá lugar en Portas Ártabras o ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS LITERARIOS DA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO 2026:
O xoves 4 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia arredor dos "ALICERCES EXIPCIOS DA CULTURA CELTA GALAICA", pronunciada polo artista, escritor e investigador especializado no mundo celta, Javier Mareas, que será presentado polo historiador da cultura galega Felipe - Senén. As raíces da cultura galaica son descoñecidas para o gran público, perdidas no decurso da prehistoria. Nesta conferencia daremos a coñecer como as lendas e a arqueoloxía deste terri [...]
O mércores 3 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia no que se presentará o libro de Robert M. Fishman e Ignacio Sánchez-Cuenca: "LAS HUELLAS DE LA TRANSICIÓN. 50 AÑOS DE CAMBIO Y CONFLICTO EN DEMOCRACIA" . No acto participarán: Ignacio Sánchez-Cuenca: Co-autor do libro e Catedrático Ciencia Política (U3CM) Francisco Caamaño Domínguez: Catedrático Dereito Constitucional (UDC) Cándido Barral Alvarellos: Xornalista Xosé Manuel Pereir [...]
O xoves 28 de maio ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto “Flujos”), titulada: "GERMÁN CRUZ, FOTÓGRAFO, CORUÑA 60s E 70s" Germán Cruz naceu na pequena aldea de Braña ao lado da Granxa Agrícola (Monelos). Todo ese mundo desapareceu nos anos 60 e 70. Gustoulle a fotografía e fotografar a vida da súa familia pola cidade co que, por esa razón, atopámonos cunha reportaxe da cidade e a súa con [...]