Etiqueta: Portas Ártabras


O xoves 21 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - A Coruña) a conferencia da xornalista e arqueóloga Nieves García Centeno que presentará "ARSÍNOE, REINA DE ALEJANDRÍA". Nieves García Centeno, reside na Coruña, é xornalista, e traballou en cabeceiras como La Voz de Galicia (correspondente en Costa da Morte); no Ideal Gallego, e na Cadena Ser-Radio Coruña (Radio Nordés) e Punto Radio (Costa da Morte), alén de en distintas axencias e consultorías. Tamén é historiado [...]

O dia 19 de maio o profesor e escritor Ramón Nicolás Rodríguez falará sobre: “Begoña Caamaño. Biografía, literatura e xornalismo. Acto organizado pola Agrupación cultural O Facho, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas dedicado á escritora viguesa Begoña Caamaño. Data: 19 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Ramón Nicolás Rodríguez exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vig [...]

O xoves 14 de maio, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas falará, apoiándose en máis dun centenar de imaxes, sobre o medicina máxica, a espiritual e a racionalista, e de como estes tipos de medicinas conviviron ao longo dos séculos. Entrada libre ata completar aforamento. "Home Ferido" , un diagrama médico do século XV utilizado para mostrar diversos tipos de feridas e lesións. Imaxe da Anat [...]

O xoves 30 de abril ás 20 horas, o historiador e xornalista, Santiago del Valle Chousa; acompañado por Javier Alonso Iñarra, membro da Xunta Directiva e responsable de expedicións da Sociedad Geografica Española, presentarán en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22 - baixo) o proxecto HATUN VILCABAMBA ES, que culmina tres décadas de investigación e exploracións no Perú para identificar e poñer en valor a capital sagrada perdida dos últimos reis Incas, Hatun Vilcabamba, coñecida polos españois como V [...]

O venres 24 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña a presentación do libro "LABORALISTAS. UNA DÉCADA UTÓPICA", un tributo ao espírito nobre e digno dos avogados laboralistas da transición: No acto participarán: Cristina Almeida (Despacho c/ Españoleto) Tomás Duplá Del Moral (Despacho c/ Españoleto) Fuco Antas (Despacho c/ Atocha) Manuel Lago (Congreso dos Diputados - Sumar) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista) Entrada libre ata completar aforamento. LABORAL [...]

O xoves 23 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de poesía de Adela Figueroa titulado: "ERÓTICA É A ALMA DAS CEREIJAS". Amais da autora participarán no acto: Celsa Sánchez (ilustradora do libro) e o acompañamento musical de Eladio Rodríguez. Entrada libre ata completar aforamento. Adela Figueroa Panisse participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista O Ensino, da que foi directora. Foi voceira de Nu [...]

O vindeiro dia 14 de abril, ás 8 do serán terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña) unha actuación musical dos compoñentes do grupo A Quenlla: Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias (Mero). Actividade organizada pola Agrupación Cultural O Facho. Actuación de catro compoñentes de A Quenlla --Paloma Suanzes, Leire Barbadillo, Manuel Dopico e Baldomero Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, profesor, cantante e escrit [...]

Colgante greco romano. O xoves 9 de abril, ás 20.00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas apoia a súa exposición en máis de cen imaxes que revelan como o sexo funcionaba na Antigüidade como un escudo contra os espíritos e o mal de ollo, antes de que a Igrexa o "demonizara" e o transformara en algo obsceno. Entrada libre ata completar aforamento.

O mércores 8 de abril, ás 20 horas terá lugar un acto organizado polo Ateneo Republicano de Galicia en Portas Artabras (rúa Sinagoga, 22 – A Coruña): a presentación do libro: "COMO TERMINÓ LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA" de Gutmaro Gómez Bravo. Participarán no acto: O autor, Gutmaro Gómez Bravo (Catedrático de Historia Contemporánea - UCM) Emilio Grandío Seoane (Catedrático de Historia Contemporánea - USC) Cándido Barral Alvarellos (Xornalista). Baseada en documentación inédita proceden [...]