Etiqueta: Portas Ártabras


O xoves 27 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar o recital poético: O RÍO QUE NOS LEVA de Medos Romero e Eva Veiga, dúas voces do Eume. Tan felices se vos presta acompañarnos nestes recital tan especial para nós as dúas: somos poetas que compartimos o rumor de fondo do Eume e todo o que nace, medra e desaparece nas súas beiras. Dúas poéticas que beben nesas augas, máis que soñan, Unha dende a montaña e a outra dende a mariña. En todo caso, a mesma emoción por compartir con vós os [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro día 25 de marzo, os doutores arquitectos e profesores Henrique Seoane Prado e Ángeles Santos Vázquez impartirán unha palestra co título: O MANEXO DA AUGA NO TERRITORIO DE GALICIA Data: 25 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Co [...]

O venres 21 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia arredor dos CELTAS DE BRIGANTIA; REALIDADE OU FANTASÍA, pronunciada polo artista, escritor e investigador especializado no mundo celta, Javier Mareas. Un xeito de adentrarse nunha idea moi deturpada, a de "celtas". Partindo do que entenderon por celtas os historiadores e protoarqueólogos do século XIX e comezos do XX, como tribos que habitaron Europa no primeiro milenio antes de Cristo, difusoras do [...]

O xoves 20 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación de A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS DA GALLAECIA, de Fernando Cabeza Quiles quen será introducido por Felipe - Senén. Libro publicado por Espiaral Maior Edicións. Esta é unha obra de investigación predominantemente filolóxica, que desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na an [...]

O mércores 19 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia / presentación do libro: CIUDAD DE LA SELVA (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio). No acto participarán o arqueólogo Francisco Alonso Toucido (Tempos Arqueólogos SL - Universidade de Vigo) e o editor do libro Paco Macías (Edicións Positivas) …E con esta mochila cargada de preguntas comezamos a camiñar os montes de Casaio na procura da Ciudad de la Selva, como guerrilleiros contemporáneos. O proxe [...]

Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2025. O vindeiro día 18 de marzo, a profesora e escritora Celia M. Armas García impartirá unha palestra co título: Rosalía de Castro e as escritoras na Galiza do SXIX Data: 18 de marzo, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Celia M. Armas García é profesora [...]

O xoves 27 de febreiro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha moi interesante conferencia da expresidenta da Fundación Risco, Celia Pereira Porto titulada: "PÓR A ALMA ONDE POMOS OS PÉS: O LEGADO DE VICENTE RISCO" Celia falará da custodia do legado de Vicente Risco e da súa familia en Allariz, da súa importancia e tamén do descoñecemento que hai respecto da vida e da obra, 62 anos despois da súa morte. É moito máis, o que se ignora que o que se coñece. Paga a pena (e máis nestes tempos n [...]

O xoves 13 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que comentará a visión bíblica do establecemento do pobo de Israel na Terra prometida e de como estes acontecementos reflectíronse na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Actividade enmarcada no ciclo cristianismo e paganismo na arte. Entrada libre ata completar aforo. Biblia de [...]

O xoves 13 de xuño, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a historia e evolución dos símbolos cos que o poderoso presentase ante os seus súbditos: coroas, tiaras, mitras, mazas, cetros, varas de mando ou báculos.A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.Entrada libre ata completar a [...]