XOVES 22 DE MAIO: “ESGRAFIADO GALEGO, UN MUSEO AO AIRE LIBRE”


O xoves 22 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a conferencia titulada “ESGRAFIADO GALEGO: UN MUSEO AO AIRE LIBRE”.

Da man da escritora, investigadora e fotógrafa Mar López Sotelo faremos un percorrido polos lugares onde se atopa a máis grande concentración de edificacións decoradas con formas antropomorfas, zoomorfas, vexetais, historiadas… e que forman ise museo, non intencionado, ao aire libre.

Entrada libre ata completar aforo.

Actividade subvencionada por: